Roca, Guitiriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
mSen resumo de edición
Liña 20:
 
==Xeografía==
Está situada no surlestesueste do concello. Linda ó norte con [[Santa Cruz de Parga, Guitiriz|Santa Cruz]] e [[Pígara, Guitiriz|Pígara]], ó sur con [[San Breixo de Parga, Guitiriz|San Breixo]] (separada deste polo [[río Parga]]), ó leste con [[Baamonde, Begonte|Baamonde]], que pertence o concello de [[Begonte]] e ao oeste con [[Trasparga, Guitiriz|Trasparga]] (separada desta polo río Requeixo ou [[río Roca|Roca]]). Ten unha extensión de aproximadamente 6 km<sup>2</sup>. Compóñena os seguintes lugares: ó norte ou Roca de Arriba: Altamira, Penaescada ou Penas, Quintán, Santa Ana e Lamas; ó sur ou Roca de Abaixo: Portodola, Fontecurral, Alto e A Ponte.
 
É un terreo suavemente montañoso, oscilando entre os 400 e 600 m, aproximadamente. As elevacións máis importantes atópanse no leste, nunha cadea que vai de Sur a Norte, na que destacan como maiores elevacións o Penedo da Perdíz, Alto do Curro de Carlos, Penedo do Seixiño, Pena Gallada, Monte Redondo, Altos de Fontemalle, Mouteira e Lobateira. Parte destas elevacións forman conxunto de esa muralla que dende a chaira luguesa pódese observar ó Oeste como delimitándoa.
Liña 36:
As ladeiras dos ríos Requeixo e [[Río Parga|Parga]] acollen algún muíño e caneiro xa abandonados.
 
A igrexa parroquial foi recentemente restaurada. Da capela de Santa Ana só queda o edificio. A carón da zona dos Formigueiros, rodeado dun regato, houbo un [[Castro (poboado)|poboado castrexo]], e houbo outro preto de Quintán, no lugar das Pedreiras. Neste mesmo lugar de Quintán, atópase un exemplo de casa de labranza de hai uns 200 ou 300 anos, segundo se deduce da súa distribución interna e servizos.
 
==Lugares e parroquias==