Sinapomorfía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
As sinapomorfías utilízanse para establecer as [[filoxenia|hipóteses filoxenéticas]] na análise cladística. Son datos empíricos que poden apoiar certas [[hipótese]]s de que grupos terminais forman un [[clado]] (grupo [[monofilético]]) e á vez exclúen a certos grupos. Os estados de carácter que son compartidos polo grupo, pero que tamén son compartidos por outros grupos terminais que descenden dun antepasado común máis recente, non poden utilizarse para excluír a eses grupos. Este último estado de carácter pode consistir nunha [[simplesiomorfía]] ou unha [[homoplasia]].
 
O problema esencial é identificar a polaridade da serie de transformacións á cal pertencen varios estados de carácter, é dicir, indicar que estado de carácter é apomórfico e cal é [[plesiomórfico]]. UtilizáronseNos inicios da [[cladística]] utilizáronse varios criterios para polarizar series de transformacións nos inicios da [[cladística]], pero nas décadas recentes os criterios patrón baseados na comparación doutros grupos externos (''outgroup'') son os que predominan. Un grupo externo é un taxon que se considera que está fóra do grupo que se estuda. Baixo o criterio dos grupos externos, os estados de carácter compartidos entre o grupo externo e algúns membros do grupo interno ou propio (''ingroup'') considérase que son plesiomórficos, mentres que os estados alternativos da mesma característica que son compartidos por un subconxunto do grupo interno ou propio considéranse apomórficos.
 
Os conceptos de apomorfía e plesiomorfía son relativos e correspondentes a certo nivel de xeneralización na xerarquía dos seres vivos. O que é unha apomorfía a un nivel pode ser unha plesiomorfía a unoutro nivel menos inclusivo. Por exemplo, a presenza de glándulas mamarias é unha sinapomorfía para os mamíferos en relación cos tetrápodos, pero é unha simplesiomorfía para dous grupos de mamíferos, por exemplo, ratas e simios.
 
Non é esencial que todos os membros dun clado mostren unha determinada sinapomorfía; mesmo se algúns membros do clado perderon secundariamente o trazo este pode ser unha sinapomorfía dese clado no seu conxunto. Un bo exemplo é a ausencia de patas nas serpes, a pesar do cal son consideradas tetrápodos. Entre os paleontólogos, un estado de carácter que é unha sinapomorfía para un clado, pero que para certas liñaxes dese clado é unha plesiomorfía que foi alterada nalgunhas das liñaxes, denomínase '''sinapomorfía subxacente'''. Se non se coñece ningún taxon [[grupo coroa]], é ás veces difícil decidordecidir que estado de carácter é a sinapomorfía subxacente e cal é a [[autoapomorfía]] que a cobre.
 
Os clados non se definen polas sinapomorfías, aínda que é posible definilos por apomorfías en xeral.