Sinapomorfía: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
As sinapomorfías utilízanse para establecer as [[filoxenia|hipóteses filoxenéticas]] na análise cladística. Son datos empíricos que poden apoiar certas [[hipótese]]s de que grupos terminais forman un [[clado]] (grupo [[monofilético]]) e á vez exclúen a certos grupos. Os estados de carácter que son compartidos polo grupo, pero que tamén son compartidos por outros grupos terminais que descenden dun antepasado común máis recente, non poden utilizarse para excluír a eses grupos. Este último estado de carácter pode consistir nunha [[simplesiomorfía]] ou unha [[homoplasia]].
O problema esencial é identificar a polaridade da serie de transformacións á cal pertencen varios estados de carácter, é dicir,
Os conceptos de apomorfía e plesiomorfía son relativos e correspondentes a certo nivel de xeneralización na xerarquía dos seres vivos. O que é unha apomorfía a un nivel pode ser unha plesiomorfía a un nivel menos inclusivo. Por exemplo, a presenza de glándulas mamarias é unha sinapomorfía para os mamíferos en relación cos tetrápodos, pero é unha simplesiomorfía para dous grupos de mamíferos, por exemplo, ratas e simios.
|