Sinapomorfía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
== Análises cladísticas ==
As sinapomorfías utilízanse para establecer as [[filoxenia|hipóteses filoxenéticas]] na análise cladística. Son datos empíricos que poden apoiar certas [[hipótese]]s de que grupos terminais forman un [[clado]] (grupo [[monofilético]]) e á vez excl´çuenexclúen a certos grupos. Os estados de carácter que son compartidos polo grupo, pero que tamén son compartidos por outros grupos terminais que descenden dun antepasado común máis recente, non poden utilizarse para excluír a eses grupos. Este último estado de carácter pode consistir nunha [[simplesiomorfía]] ou unha [[homoplasia]].
 
O problema esencial é identificar a polaridade da serie de transformacións á cal pertencen varios estados de carácter, é dicir, dicir que estado de carácter é apomórfico e cal é [[plesiomórfico]]. Utilizáronse varios criterios para polarizar series de transformacións nos inicios da [[cladística]], pero nas décadas recentes os criterios patrón baseados na comparación doutros grupos externos (''outgroup'') son os que predominan. Un grupo externo é un taxon que se considera que está fóra do grupo que se estuda. Baixo o criterio dos grupos externos, os estados de carácter compartidos entre o grupo externo e algúns membros do grupo interno ou propio (''ingroup'') considérase que son plesiomórficos, mentres que os estados alternativos da mesma característica que son compartidos por un subconxunto do grupo interno ou propio considéranse apomórficos.
240.114

edicións