Sinapomorfía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
As sinapomorfías non deberían confundirse con outros conceptos relacionados nos que se comparten trazos.
 
* Unha sinapomorfía é un trazo compartido que se encontra en dous ou máis taxons e que se infire que apareceu no seu antepasado común máis recente, cuxos antepasados á súa vez non o posuían. Un exemplo éson as ás posteriores convertidas en [[halterio]]s dos [[díptero]]s, presentes en todas as familias de moscas con ás. Ningún outro grupo de [[insecto]]s posúe estruturas similares (na orde de insectos [[Strepsiptera]] orixináronse halterios por [[evolución converxente]] en lugar das ás dianteiras). Porén, o feito de que ese trazo se encontre só en Diptera non é esencial para identificar o trazo como sinapomorfía, senón que este feito fai máis fácil a súa determinación.
 
* Unha [[simplesiomorfía]] é un trazo ou característica compartida que se encontra en dous ou máis taxons, pero que tamén se encontra en taxons que só están emparentados a través dun antepasado común máis remoto. A simplesiomorfía caracteriza un grupo [[parafilético]]. Un exemplo disto son os cinco dedos das patas traseiras de ratas e simios. Este estado de carácter orixinouse moi cedo na evolución dos [[vertebrado]]s [[tetrápodo]]s e aparece noutros grupos de tetrápodos, por exemplo, en [[píntega]]s, [[lagarto]]s e [[lémur]]es. Por tanto, isto non indica que o grupo formado por ratas e simios sexa un [[clado]] coa exclusión deses outros grupos. Como se ve neste exemplo, unha simplesiomorfía é unha sinapomorfía para un grupo moi xeral (Tetrapoda, neste caso).