Eudicotiledóneas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 37:
== Características do clado ==
 
Considérase monofilético na base do pole tricolpado así como tamén debido as secuencias de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] ''rbcL'', ''atpB'', e ADNr 18S <ref>Savolainen et al. "Phylogenetics of flowering plants based upon a combined analysis of plastid atpB and rbcL gene sequences". ''Systematic Biology'' (2000) 49: 306-362</ref>. O clado caracterízase por seren as súas flores cíclicas, dispostas en verticilos, cos membros dos verticilos individuais alternados e a presenza diferenciada das partes internas e externas do periantio. Os [[filamento (botánica)|filamentos]] do estame son normalmente delgados, compartindo anteras ben diferenciadas, e a maioría dos membros teñen [[plasto]]s tipo-S nos seus [[tubo cribado|elementos cribados]]. Unha [[sinapomorfía]] do clado é presentar grans de pole triaperturado de tipo colpo, isto é pole tricolpado e os seus derivados.
 
== Orixe ==