Lord tenente de Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 12 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1752225
Sernostri (conversa | contribucións)
o concepto de independente non é o máis acaído, mantiña as súas institucións como reino separado, algo semellante á Coroa de Aragón ata o decreto de Nova Planta por exemplo.
Liña 1:
[[Ficheiro:Flag of the Lord Lieutenant of Ireland.svg|miniatura|dereita|Estandarte oficial do Lord Tenente de Irlanda.]]
O '''Lord Tenente de Irlanda''' (plural: '''Lores Tenentes''', en [[lingua inglesa|inglés]] ''Lord Lieutenant of Ireland''), tamén coñecidos como [[xusticiar]] nos comezos do periodo [[Idade Media|medieval]] e como o '''lord deputado''' na parte final do [[século XVII]], foi o representante do rei e o xefe do [[goberno executivo]] [[Irlanda|irlandés]] durante o [[Señorío de Irlanda]] ([[1171]]—[[1541]]), o [[Reino de Irlanda]] ([[1542]]—[[1801]]) e o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]] ([[1801]]—[[1922]]). Aínda cando encabezaba o executivo dunha Irlanda teóricamentecoas independentesúas propias institucións dentro do [[Reino Unido]], o xusticiar, lord deputado ou lord tenente actuaba como axente e representante do rei ou raíña de [[Inglaterra]] (ata 1707) ou rei ou raíña de [[Gran Bretaña]] ([[1707]]—[[1800]]), e nunca rendeu contas ante o [[parlamento irlandés]] ou ante o pobo.
 
O oficio, baixo os seus variados nomes, foi de cotío xeralmente coñecido como [[virrei]], do [[lingua castelá|castelán]] ''vice rey'' (a voz en inglés, ''viceroy'', é un préstamo do [[lingua francesa|francés]] ''viceroy'', á súa vez tomado do castelán ''virrey'', xa que foron os [[Reino de Aragón|reis de Aragón]] os primeiros en empregar virreis, en [[Nápoles]] e [[Sicilia]]) ou "subordinado do rei" (king-deputy), cuxo [[consorte]] é coñecida como [[Virrei|virraíña]].