Luís de Camões: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
== [[Os Lusíadas]] e a obra lírica ==
''Os Lusíadas'' considérase a principal epopea da época moderna debido á súa magnitude e universalidade.<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/11198/ |title = The Lusiads |website = [[World Digital Library]] |date = 1800-1882 |accessdate = 2013-09-01 }}</ref> As realizacións de Portugal desde o [[Infante D. Henrique]] até a unión dinástica con [[España]] en 1580 son un marco na Historia, marcando a transición da [[Idade Media]] para a Época Moderna. A epopea narra a historia de [[Vasco da Gama]] e dos herois portugueses que navegaron en torno do Cabo da Boa Esperanza e abriron unha nova rota para a India.<ref name="WDL"/> É unha epopea humanista, mesmo nas súas contradicións, na asociación da mitoloxía pagá á visión cristiá, nos sentimentos opostos sobre a guerra e o imperio, no gosto do repouso e no desexo de aventura, na apreciación do pracer e nas exixencias dunha visión heróica.
 
A obra lírica de Camões publicouse como "Rimas", non habendo acordo entre os diferentes editores canto ao número de sonetos escritos polo poeta e canto á autoría dalgunhas das pezas líricas. Alguns dos seus sonetos, como o coñecido [[Amor é fogo que arde sem se ver]], pola ousada utilización dos [[paradoxo]]s, prenuncian xa o [[Barroco]] que se aproximaba.