Walt Whitman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 23:
Fillo de nai holandesa e pai británico, foi o segundo dos nove fillos dunha familia con escasos recursos económicos. Tivo un breve paso pola escola e dende moi novo viuse na obriga de traballar, primeiro como mestre itinerante, a pesar do seu escaso coñecemento académico, e máis trade nunha imprenta.
 
Foi alí onde espertou a súa afección polo xornalismo, interere que lle levou a traballar en varios diarios e revistas de Nova York. Nomeado director do "Brooklyn Eagle" en 1846, permaneceu no cargo só dous anos debido a súa desconformidade coa liña abertamente proesclavista defendida polo xornal. A súa afección pola ópera (xénero que inflouinfluíu na súa obra poética de grande xeito) permitiulle coincidir nunha noite de estrea cun dirixente do xornal Nueva Orleans Crescent, quen o convenceu para que deixase Nova York e aceptase unha oferta para traballar no diario.
 
Durante a viaxe ao sur, que emprendeu en 1848, tivo a oportunidade de contemplar unha realidade, a de provincias, para el totalmente descoñecida e que, en definitiva, sería decisiva para a súa carreira futura. Por todo este conxunto de experiencias, cando regresou a Nova York, uns meses despois, abandonou o xornalismo e se entregou por enteiro á escritura.