Col: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Redirixida cara a "Repolo"
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Col (homónimos)}}
#REDIRECCIÓN [[Repolo]]
 
{{Taxobox
| name = Col
| image = Brassica oleracea0.jpg
| image_width = 285px
| image_caption = Plantas de col brava ou col de pena
| regnum = [[Plantae]]
| subregnum = [[Tracheobionta]]
| divisio = [[Magnoliophyta]]
| classis = [[Magnoliopsida]]
| subclassis = [[Dilleniidae]]
| ordo = [[Brassicales]]
| familia = [[Brassicaceae]]
| genus = ''[[Brassica]]''
| species = '''''B. oleracea'''''
| binomial = ''Brassica oleracea''
| binomial_authority = [[ L.]],''Sp. Pl.'', vol. 2, p. 667.
1753[http://botanicus.org/page/358688]
}}
 
A '''col''' ou '''coia''' é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie '''''Brassica oleracea''''' ('''col brava''' ou '''col de pena'''). Son plantas do xénero ''[[Brassica]]'' pertencentes á familia das [[brasicáceas]]. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o [[repolo]], as [[verza]]s, o [[brócoli]], as [[Col de Bruxelas|coles de Bruxelas]] ou a [[coliflor]] son variedades desta mesma especie.
 
A col tamén recibe os nomes dialectais de coia, coella, coube e coubella<ref>estes dous últimos non recollidos pola [[RAG]], aínda que si por diferentes fontes</ref>.
 
== Distribución e hábitat ==
A col brava é nativa da costa do sur e do oeste de [[Europa]]. Ten o seu cultivo unha tolerancia boa aos solos con alto contido de [[cloruro de sodio|sal]] e [[carbonato cálcico|xeso]] mais posúe unha intolerancia a outros entornos que a fan competir con outras plantas en inferiores condicións. Por esta razón o seu hábitat se reduce a solos de [[calcaria]] en [[cantil|cantís]].
 
== Descrición ==
''Brassica oleracea'' é unha [[planta bienal]] que forma unha especie de [[Roseta (botánica)|roseta]] de follas durante o primeiro ano de cultivo, as follas desta variedade son sempre carnosas e teñen proteínas capaces de lles facer almacenar auga e nutrientes. No seu segundo ano, os almacéns de nutrientes fan que se forme unha [[inflorescencia]] amarela dun ou dous metros de altura.
 
=== Cultivo e usos ===
Esta variedade foi cultivada durante centos de anos, e nun amplo abano de cultivos incluso [[repolo]], [[verza]], [[brócoli]], [[coliflor]] e outras plantas recoñecíbeis dentro da mesma especie. Trátase dunha das plantas máis importantes para ser empregadas coma alimento humano. De acordo coa teoría do [[Triángulo da U]], a ''B. oleracea'' está moi relacionada con outras cinco especies do xénero ''[[Brassica]]''.
Os grupos de cultivo de ''B. oleracea'' están agrupados en sete [[cultivar|grupos de cultivo]], dos cales o grupo da Acephala ten as variedades máis salvaxes ou bravas en apariencia:
* ''Brassica oleracea'' [[Grupo Acephala]] - [[col de follas]] (col verde) e [[verza]] (col galega)
* ''Brassica oleracea'' [[Grupo Alboglabra]] - [[kai-lan]] (brócoli chinés)
* ''Brassica oleracea'' [[Grupo Botrytis]] - [[coliflor]] (e [[romanesco]])
* ''Brassica oleracea'' [[Grupo Capitata]] - [[repolo]] (e [[col de Savoia]])
* ''Brassica oleracea'' [[Grupo Gemmifera]] - [[col de Bruxelas]]
* ''Brassica oleracea'' [[Grupo Gongylodes]] - [[col ravo]]
* ''Brassica oleracea'' [[Grupo Italica]] - [[brócoli]]
Cómpre mencionar tamén o ''[[Brassicoraphanus]]'' ou ''[[Raphanobrassica]]'', xénero híbrido entre o ''[[ravo]]'' e o ''repolo''.
 
Algúns (en especial [[col de Bruxelas]] e [[brócoli]]) conteñen altos niveis de [[sinigrina]] que axudaría a previr o [[cancro colorectal|cancro de duodeno]].
 
[[Ficheiro:brassica-garden.jpg|960px|thumb|center|Diversos cultivos de ''Brassica oleracea'', que inclúen a [[col de follas]] ou col ver, a [[col de Bruxelas]], a [[col de Savoia]] e maila col verde chinesa.]]
 
== Etnografía ==
=== Refráns ===
* As coles de San Antoniño manteñen ao dono e ao veciño.
* Coles e nabos, p'ra nunha son entrambos.
* Dálle coles por San Xoán a quen queiras de fame matar.
* Entre col e col, leituga.
* Regoldádevos, coles, que andan os nabos cocendo no pote.
* O que quer a col, quer as follas do seu arredor<ref>[[Eladio Rodríguez González]] (1958-1961): ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano'', Galaxia, Vigo<ref>.
 
==Sinonimia==
*''Brassica alba'' [[Boiss.]] ''nom. illeg.''
*''Brassica alboglabra'' [[L.H.Bailey]]
*''Brassica arborea'' [[Steud.]]
*''Brassica bullata'' [[Pasq.]]
*''Brassica campestris'' subsp. ''sylvestris'' (L.) [[Janch.]]
*''Brassica capitala'' [[DC.]] ex[[ H.Lév.]]
*''Brassica cauliflora'' [[Garsault]] ''nom. invalid.''
*''Brassica caulorapa'' (DC.) Pasq.
*''Brassica cephala'' DC. ex H.Lév.
*''Brassica fimbriata'' Steud.
*''Brassica gemmifera'' H.Lév.
*''Brassica laciniata'' Steud.
*''Brassica maritima'' [[Tardent]]
*''Brassica millecapitata'' H.Lév.
*''Brassica muscovita'' Steud. ''nom. invalid.''
*''Brassica odorata'' [[Schrank]] ex Steud. ''nom. invalid.''
*''Brassica peregrina'' Steud. ''nom. invalid.''
*''Brassica quercifolia'' DC. ex H.Lév.
*''Brassica rubra'' Steud.
*''Brassica sabauda'' (L.) [[Lizg.]]
*''Brassica sabellica'' [[Pers.]] ''nom. invalid.''
*''Brassica suttoniana'' H.Lév.
*''Brassica sylvestris'' (L.) [[Mill.]]
*''Crucifera brassica''[[E.H.L.Krause]]
*?''Rapa rotunda'' Mill. Unresolved
*''Raphanus brassica'' [[Crantz]] ''nom. illeg.''
 
Ademais, todos os innumerábeis táxones infra-específicos descritos son meros sinónimos da especie.<ref>[http://www.theplantlist.org/tpl/search?q=brassica+ ''Brassica'' en The Plant List]</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Brassica oleracea}}
{{wikispecies|Brassica oleracea}}
 
[[Categoría:Brassica]]
[[Categoría:Hortalizas]]
[[Categoría:Plantas medicinais]]
[[Categoría:Flora de Europa]]