Nabo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 26:
Ademais de '''nabo''', a raíz engrosada desta planta coñécese en Galicia tamén como '''nabo galego''', '''nabo forraxeiro''', '''cabeza de nabo''', '''carola''' e '''grela'''. As follas, como quedou dito, '''nabizas''' e '''grelos'''. As sementes coñécense como '''nabiñas''' ou '''nabías'''<ref>"Botánica" en ''Vocabulario de ciencias naturais''. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991</ref>. A leira onde se cultivan nabos chámase '''nabal''', por iso existen en Galiza moitos topónimos deste tipo: nabal, nabais, nabás, etc.
 
=== Os nabos na cultura popular galega ===
Os nabos son un dos cultivos máis populares de Galiza polas condicións climáticas axeitadas para o seu crecemento. Ten moitas variedades, as máis comúns eran as de raíz redonda, grosa e achatada, e máis ou menos alongada, branca, moi tenra, saborosa e lixeiramente doce nalgunhas especies (probabelmente tamén era común a [[rutabaga]] en Galiza). Seméntase xeralmente entre xullo e agosto, en [[secaño]] ou regadío, nas mesmas leiras ca o [[millo]], o [[centeo]] ou o [[trigo]], xusto cando se colleitan estes. Utilízase toda a planta como alimento para as persoas e o gado durante os meses de novembro a maio. A raíz, a chamada nabo, empregábase en cachos para facer [[caldo]]; as follas, chamadas [[nabizas]], e os rebentos ou sumidades floridas, co nome de [[grelo]]s, tamén se usan no caldo, ou se cocen con patacas (de aí o dito de: ''Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego''). Seméntase ciscando as semente ao chou, tirando as [[Mala herba|herbas daniñas]] e despexando cando a planta ten de catro a seis follas, e tornando a rozar cando a raíz ten o talle dunha [[buxaina]] grande<ref>Eladio Rodríguez González (1958-1961): ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano'', Galaxia, Vigo</ref>.
 
En Galiza xogábase ao '''arríncate-nabo''' ou arrinca nabos. A [[Real Academia Galega]] no seu ''Diccionario gallego-castellano'' de 1913-1928 di que é un xogo de mozos que consiste en sentar todos no chan, e entre as pernas de cada un, senta o que lle segue, ao que o anterior suxeita fortemente cos brazos polo van. Só un xogador queda en pé, e este puxa polo primeiro que está sentado intentando erguelo, cousa difícil, porque o suxeita o anterior, e a este o outro, e así os demais, e, ou se erguen todos ou ningún, rodando, regularmente, polo chan. O que puxa acompaña o esforzo con estas verbas: ''Arríncate, nabo!''<ref>Real Academia Galega (1913-1928): ''Diccionario gallego-castellano'' a través de ''Dicionario de dicionarios'' - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=nabo&tipo_busca=lema</ref>
 
''Cuasi decote sucede / que logo que merendaron /empezan mozos e mozas / a rebuldar que é un regalo;''
 
''Ja â galiña cega jogan/ ó feito, o arrincate-nabo,/ e ja en fin a outros mil jogos/ inocentes coma un santo.''
 
 
:::''Do nabo sal a nabiza,''
:::''Da nabiza sal o grelo,''
Liña 34 ⟶ 43:
'''Refraneiro'''
* Cada cousa no seu tempo, e os nabos no advento <ref>O Advento é o primeiro período do ano litúrxico cristián, de preparación para o nacemento de Cristo. Celébrase os catro domingos inmediatamente anteriores ó Nadal.</ref>
* Caldo de nabos, non o tires, que dun día prapira outro ''sirve''.
* Cando pasan nabos, mercalos<ref>[[Eladio Rodríguez González]] (1958-1961): ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano'', Galaxia, Vigo</ref>.
* Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego.
* Nabos e coles, comer de señores.
* Nabos e fidalgos, raros.
* Os nabos e os peixes no tempo da xiada crecen.
* Polo tempo de tódolos Santos (1° de novembro) mira os nabos; se fosen bos, di que son malos.
* Quen queira nabos, vaia arrincalos.
* Se o mes de agosto vén craro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
* Se queres ter bos nabos, en San XoanXoán tes que sementalos.
* Descanto ha que che nabos acordo nabizas comélas nunca chas vin.
* De tal terra, tales nabos.
* Quen non ten que ''faguer'' sacha os nabos<ref>[[Juan Sobreira Salgado]] (1790): ''Vegetables de Galicia'' e ''Justificativos de la nomenclatura botánica gallega'', ed. de J. L. Pensado Tomé, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267.</ref>
* Tal é a terra, tales nabos leva<ref>[[Juan Sobreira Salgado]] (1792-1797): ''Papeletas de un diccionario gallego'', ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudos Ourensáns, Ourense 1979).</ref>.
 
 
 
 
 
'''Cantigueiro'''
* Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño. <ref>[[San Xoán de Laíño, Dodro|Teaio]] é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño (Dodro), estremeira da do Araño (Rianxo).</ref>
 
* Asubiram'a unha cerdeira/ e farteime de pexegos bravos/ e veu o dono do cabaceiro / vaite d'aí que m'arrica-los nabos<ref>[[Juan Sobreira Salgado]] (1792-1797): ''Papeletas de un diccionario gallego'', ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudos Ourensáns, Ourense 1979).</ref>..
 
==Notas==