Acilglicérido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Os '''acilglicéridos''', '''acilglicerois''' ou '''glicéridos''' son [[éster]]es de [[ácido graxo|ácidos graxos]] con '''glicerol''', formados mediante unha reacción de condensación chamada [[éster|esterificación]]. Unha molécula de [[glicerol]] (ou glicerina, que son equivalentes na nomenclatura) pode reaccionar con ata 3 moléculas de ácidos graxos, posto que ten tres [[grupo hidroxilo|grupos hidroxilo]]<ref>IUPAC Goldbook [http://goldbook.iupac.org/G02647.html Glycerides]</ref>.
 
As cadeas carbonadas dos ácidos que reaccionan co glicerol, poden ser '''saturadas''' ou '''insaturadas'''. Se son saturadas, non hai ningún [[dobre enlace]] carbono-carbono, e dise que está "saturada" porque a cadea posúe todos os átomos de [[hidróxeno]] que pode chegar a acomodar. Os acilglicéridos con cadeas saturadas, denomínanse [[graxa]]s. Están en estado sólido a temperatura ambiente, e son producidas polos animais.
 
Pola contra, se as cadeas son insaturadas (existe un ou máis '''[[dobre enlace carbono-carbono]]'''), esa insaturación provoca un cambio na conformación estérica bastante importante debido á rixidez do dobre enlace que produce que as moléculas non poidan estar en contacto do mesmo xeito que se fosen saturadas. Esta falta de contacto fai que non poidan establecerse as mesmas forzas intermoleculares, e ao haber menos atracción entre as mesmas, están en estado líquido a [[temperatura]] ambiente. Estes acilglicéridos denomínanse [[aceite]]s, e son fabricados soamente polas plantas.