Ácido erúcico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
Os efectos do ácido erúcico consumido cos aceites comestibles na saúde humana é controvertido. Porén, non se documentaron efectos negativos sobre a saúde en humanos, pero si en animais.<ref name=fsa/>
 
O [[aceite de mostaza]] foi antes considerado inadecuado para o consumo humano na Unión Europea, Estados Unidos e Canadá debido ao seu alto contido en ácido erúcico. Isto debeuse a que nos primeiros estudos feitos en ratas parecía ser prexudicial. Estudos posteriores en ratas mostraron que estes animais teñen unha menor capacidade de dixerir os aceites vexetais (conteñsanconteñan ácido erúcico ou non) que os humanos e os porcos.<ref>{{cite journal|author=Hulan HW, Kramer JK, Mahadevan S, Sauer FD |title=Relationship between erucic acid and myocardial changes in male rats|journal=Lipids|volume=11|issue=1|pages=9–15 |year=1976|month=January|pmid=1250074|doi=10.1007/BF02532578|url=}}</ref><ref>{{cite journal|author=Kramer JK, Farnworth ER, Thompson BK, Corner AH, Trenholm HL|title=Reduction of myocardial necrosis in male albino rats by manipulation of dietary fatty acid levels|journal=Lipids|volume=17|issue=5 |pages=372–82|year=1982|month=May|pmid=7098776|doi=10.1007/BF02535197|url=}}</ref><ref>{{cite journal |author=de Wildt DJ, Speijers GJ|title=Influence of dietary rapeseed oil and erucic acid upon myocardial performance and hemodynamics in rats |journal=Toxicol. Appl. Pharmacol.|volume=74 |issue=1|pages=99–108|year=1984|month=June|pmid=6729825|doi=10.1016/0041-008X(84)90275-8|url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/0041-008X(84)90275-8}}</ref> Chariton ''et al.'' indicou que nas ratas: “A activación ineficiente do ácido erúcico a erucil-CoA e un baixo nivel de actividade da [[triglicérido lipase]] e encimas da [[beta-oxidación]] pra o ácido erúcico contribúen probablemente á acumulación e retención de lípidos cardíacos.”<ref name=Charlton>{{cite journal |author=Charlton KM, Corner AH, Davey K, Kramer JK, Mahadevan S, Sauer FD |title=Cardiac lesions in rats fed rapeseed oils |journal=Can. J. Comp. Med. |volume=39 |issue=3 |pages=261–9 |year=1975 |month=July |pmid=1170010 |pmc=1277456 |doi= |url=}}</ref> Antes de que se chegase a comprender plenamente este proceso, pensábase que o ácido erúcico e o aceite de mostaza eran tamén moi tóxicos para os humanos. A alta porcentaxe de ácido erúcico que ten o aceite de mostaza fixo que este aceite fose prohibido para usos alimenticios na Unión Europea e outros países.
 
Os estudops epidemiolóxicos indican que, en rexións onde aúnda se usa o aceite de mostaza dun modo tradicional, este aceite pode proporcionar certa protección contra as enfermidades cardiovasculares. Neste sentido “tradicional” significa que (a) o aceite utilízase fresco; e (b) as graxas vexetais supoñen só unha porcentaxe pequena da inxesta calórica total. Non se sabe se este efecto se debe á natureza do ácido erúcico que fai que as plaquetas se aglomeren menos, ou á presenza dunha alta porcentaxe de [[ácido alfa-linolénico|ácido α-linolénico]], ou a unha combinación de propiedades do aceite fresco non refinado. <ref>{{cite journal |author=Rastogi T, Reddy KS, Vaz M, ''et al.'' |title=Diet and risk of ischemic heart disease in India |journal=Am. J. Clin. Nutr. |volume=79 |issue=4 |pages=582–92 |year=2004 |month=April |pmid=15051601 |doi= |url=http://www.ajcn.org/cgi/content/full/79/4/582 }}</ref>