Manuel Gestoso Costas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
Fichou polo recentemente creado [[Celta de Vigo]], froito da fusión do [[Fortuna de Vigo]] e o [[Vigo Sporting]], en [[1924]] procedente do [[Rápido de Bouzas]].
 
Comezou a despuntar xa na súa primeira tempada no club celeste, destacando un encontro amigabelamigábel ante o [[Sporting de Gijón]] que remataría con vitoria viguesa por 8-1, con tres goles de Chicha e catro de [[Ramón Polo]]. Ese primeiro ano o club gañaría o seu primeiro trofeo, o [[Campionato de Galicia de fútbol]]. Ao longo da súa carreira no Celta gañaría este trofeo catro veces (1924, 1925, 1926 e 1930).
 
O [[30 de decembro]] de [[1928]] tivo tamén a honra de participar e anotar no encontro de inauguración do [[Estadio Municipal de Balaídos]] ante o [[Real Unión de Irún]], que rematou con vitoria celeste por 7-0.
 
Finalmente retiraríase do fútbol profesional ao remate da tempada [[Segunda división española 1929/30|1929/30]], primeira do fútbol profesional moderno e na que o Celta se viu encadrado na [[Segunda División Española|Segunda División]], pese aos bos resultados que lle daban dereito a facelo na máxima categoría. Entre estosestes méritos están o subcampionato da [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] acadado no ano [[1908]] polo [[Vigo Foot-ball Club]], antecesor do [[Real Vigo Sporting Club]].
 
[[1930]] remataría non so co non ascenso a Primeira División se non co descenso a [[Terceira División Española|Terceira]], xa que daquela non existía a [[Segunda División B]].