Mannheim: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 74 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2119
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 27:
 
== Historia ==
A vila de Mannheim (''casa do Home'') noméase por primeira vez en [[766]] no mosteiro Lorsch. Durante séculos foi unha vila de pescadores sen gran relevancia. En [[1284]] foi adxudicada aos condes de Palatinado da casa dos Wittelsbach. De importancia local era o castelo aduaneiro construído en [[1349]] na zona hoxe denominada "Lindenhof" que gravaba impostos sobre a navegación en augas do Rin. En [[1415]], alí pasou o período de cativerio o [[papa]] destronado [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]], por orde do emperador Sexismundo. Anos despois, en [[1462]], a raíz da vitoria na batalla de Seckenberg sobre os exércitos unidos dos condes de [[Württemberg]], o conde de [[Estado de Baden|Baden]] e o bispo de Metz, o príncipe elector (Kurfürst) Friedrich von der Pfalz, estabelecen as bases para a hexemonía da súa casa na parte media do alto Rin.
 
En [[1566]], Mannheim conta xa con aproximadamente 700 habitantes e é un dos meirandes asentamentos da rexión. En [[1606]], Friedrich IV von der Pfalz inaugura as obras para a fortaleza de [[Friedrichsburg]]. A planificación dunha rede de rúas en cuadrícula para a cidade de Mannheim unida á fortaleza conservouse até hoxe en día e é a base das mazás rectangulares do casco antigo, aínda que inseridas nunha antiga fortificación que ten forma de ferradura, co que sería máis frecuente atopar nunha cidade con plano radioconcéntrico. Constitúe talvez o único exemplo de plano urbano ortogonal de Alemaña e asemade un dos primeiros deseños dunha [[cidade planificada]] no país, gañando ano seguinte a condición de cidade.
Liña 37:
En [[1774]] Christian Mayer ocupa o novo observatorio. [[Johann Wolfgang von Goethe]], [[Friedrich Schiller]], [[Wolfgang Amadeus Mozart]] e [[Gotthold Ephraim Lessing]] pasan un tempo en Mannheim que por entón tiña 25.000 habitantes. En [[1778]], para poder conseguir unha herdanza en [[Baviera]], Karl Theodor ten que mudar a súa residencia a [[Múnic]]. Para compensar a perda da corte mantense o teatro nacional en Mannheim. Con todo, comeza entón o declive cultural e científico.
 
Entre [[1790]] e [[1794]], regúlase e rectifícase o [[río Neckar|Neckar]]. En [[1795]], é ocupada de novo polas tropas francesas durante as guerras da coalición. Na reconquista por parte de tropas [[Austria|austríacas]] prodúcense graves danos causado polo lume dos disparos da artillaría. A partir de [[1799]] e até [[1821]] desmóntanse as instalacións da fortaleza. En [[1803]], durante unha reestruturación do territorio, adxudícase Mannheim a [[Estado de Baden|Baden]].
 
En [[1817]], Karl Drais construíu en Mannheim a primeira [[bicicleta]] do mundo (aínda sen pedais). En [[1828]] ábrense as instalacións portuarias do porto franco e a partir de [[1831]] Mannheim é o punto final para o tráfico de barcos pesados no Rin. Con isto principia de novo un auxe económico da cidade que é unida en 1840 con Heidelberg coa primeira liña de ferrocarril da rexión, sendo en [[1848]] un dos centros da revolución alemá (''Märzrevolution'', revolución de marzo). O [[27 de febreiro]] ten lugar en Mannheim a primeira asemblea popular de Baden. Tras a derrota da revolución en [[1849]] moitos dos revolucionarios son executados.