Diferenzas entre revisións de «Confederación Alemá do Norte»

m
sen resumo de edición
m
A '''Federación Alemá do Norte''' (en [[Lingua alemá|alemán]], ''Norddeutscher Bund'') tivo o seu inicio en 1867, logo da disolución da [[Confederación Xermánica]]. Formada por 22 [[estado]]s do norte de [[Alemaña]], foi un agrupamento transitorio, que durou só ata a proclamación do [[Imperio Alemán]] en [[1871]].
 
A diferenza da [[Confederación Xermánica]], a Federación Alemá do Norte foi un verdadeiro estado. O seu territorio estaba comprendido polas partes da Confederación Xermánica que se atopaban ao norte do [[Río Main|Main]]; os territorios orientais de [[Prusia]] e o Ducado de [[Schleswig]], mais excluía a [[Austria]], [[Baviera]], [[Württemberg]], [[Estado de Baden|Baden]] e os territorios meridionais do Gran Ducado de [[Hesse]]. Con todo, consolidou o poder prusiano no norte de Alemaña, e puxo os cimentos do control prusiano sobre o sur, grazas á ''[[Zollverein]]'' e a Tratados de Paz Secretos (asinados cos estados meridionais o día anterior á [[Paz de Praga]]).
 
Aínda que deixou de existir logo da creación do Imperio Alemán, foi a primeira pedra deste. A súa constitución daba grandes poderes ao novo Chanceler ([[Otto von Bismarck|Bismarck]]), quen foi designado pola Presidencia do Bundesrat. Isto foi así porque o chanceler era inmune ante o [[Reichstag]], o que lle permitiu ser a única ligazón entre o Presidente e o pobo porén, a constitución non era tan conservadora. O Chanceler retivo o poder sobre o aparello militar (logo da amarga experiencia da Crise Constitucional de [[1862]] en Prusia, que case devora a [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]]). Porén, non se toleraba oposición algunha á Chancelaría: os civís que se opuxeran a Bismarck na década do [[1860]] tiñan prohibido exercer cargos públicos.
A Federación entrou na historia logo de que Prusia derrotara a Austria e ao resto dos estados da Confederación Xermánica na [[Guerra das Sete Semanas]] de [[1866]]. Bismarck redactou a constitución que entrou en vigor o [[1 de xullo]] de [[1867]]. Nesta constitución declarábase Presidente ao Rei de [[Prusia]] e a Bismarck como Chanceler. Os estados estaban representados no Bundesrat (Congreso Federal) con 43 escanos (dos cales 17 eran prusianos). Para as eleccións ao [[Reichstag]], Bismarck introduciu en Alemaña o sufraxio masculino. O Bundesrat converteuse no Parlamento do Zollverein en [[1867]], intentando crear unha proximidade maior cos estados meridionais, permitíndolles enviar representantes ao Bundesrat.
 
Logo da derrota francesa na Guerra Franco-Prusiana en [[1871]], [[Baviera]], [[Württemberg]], [[Estado de Baden|Baden]] e o Gran Ducado de [[Hesse]] (que orixinariamente non eran membros da Federación), se agruparon coa Federación para formar o [[Imperio Alemán]], con [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]] como ''Káiser'' ou Emperador Alemán.
 
=== Selos postais ===
{{#ifeq: {{{1|}}} | NDB | |
{{!}} [[Ficheiro:Flagge Großherzogtum Baden (1871-1891).svg|25px|border]]
{{!}} '''[[Estado de Baden|Baden]]'''
{{!}} [[Karlsruhe]]
}}
19.690

edicións