Segunda guerra balcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 44 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q184183
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
|resultado = Derrota búlgara
|descrición =
|casus = Ataque das forzas búlgaras en [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]] contra as serbias e gregas
|territorio = [[Tratado de Bucarest (1913)]]: Bulgaria cede Macedonia a Serbia e Grecia, [[Adrianópolis]] ao Imperio Otomán e [[Dobruxa]] a Romanía
|combatentes1 = [[Ficheiro:Flag of Bulgaria %281878-1944%29.svg|20px]] [[Bulgaria|Reino de Bulgaria]]
Liña 27:
== Antecedentes: a primeira guerra balcánica ==
{{AP|Primeira guerra balcánica}}
Durante a [[Primeira guerra balcánica]], a [[Liga balcánica]], constituída por Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria estaba decidida a expulsar aos otománs das súas provincias europeas ([[Albania]], [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]], o [[Sandžak]] e [[Tracia]]), non deixándolles máis que os territorios ao leste da liña [[Enez]]-[[Kıyıköy]] (Enos-Midia) e a [[península de Galípoli]].
 
O artigo 2º do [[Tratado de Londres de 1913|Tratado de Londres]], asinado o {{data|30|5|1913}} indica que "Súa Maxestade o Emperador dos Otománs cede ás Súas Maxestades os Soberanos Aliados todos os territorios do seu Imperio no continente de Europa ao oeste dunha liña trazada de [[Enez|Enos]] no [[mar Exeo]] a [[Kıyıköy|Midia]] no [[mar Negro]], coa excepción de Albania".<ref>[http://en.wikisource.org/w/index.php?itle=Treaty_of_London_-_Peace_Treaty_between_Greece,_Bulgaria,_Serbia,_Montenegro_and_the_Ottoman_Empire Tratado de Londres].</ref> Como non estaba definida ningunha fronteira entre os membros da liga, as relacións entre os vencedores deterioráronse rapidamente debido a desacordos nesta cuestión.
Liña 163:
== Tratados de paz e consecuencias ==
[[Ficheiro:GuerrasBalcánicasLondresYBucarest.svg|miniatura|300px|Cambios territoriais tras as Guerras balcánicas: Tratado de Bucarest (1913).]]
Os tratados de [[Tratado de Bucarest (1913)|Bucarest]] e de [[Tratado de Constantinopla (1913)|Constantinopla]] repartiron o territorios gañados polos diferentes belixerantes. Bulgaria perdeu a maior parte dos territorios que conquistara na [[Primeira guerra balcánica]] dos cales a [[Dobruxa|Dobruxa do Sur]] cedeuna a [[Romanía]], a maior parte de [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]] e a Tracia oriental volveu ao Imperio otomán. O apoio ruso lle permitiu conservar a Tracia occidental e o porto de Alexandropolis no mar Exeo. Bulgaria engrandecera o seu territorio un 16 % en relación coa situación antes da guerra e a súa poboación pasara de 4,3 a 4,7 millóns de habitantes. Romanía engrandeceuse un 5 %, pero a un prezo elevado: 6.000 mortos e, sobre todo, a devolución de Bulgaria que se considerou "''unha puñalada nas costas''", e sería a partir de entón hostil a Romanía (os dous países foran amigos desde principios do [[século XIX]], os principados romaneses serviran de base aos ''komitadjis'' e Romanía combatera na guerra ruso-turca de 1877-1878 contra os otománs). A máis grande expansión correspondeu a Montenegro (62 %)
,<ref name="Ref-5">{{cita web|url=http://www.turkeyswar.com/prelude/balkanwars3.htm |título=Turkey in the First World War - Balkan Wars |publicación=Turkeyswar.com |data= |dataacceso=25/12/2011}} {{en}}</ref> Grecia medrou un 68 %, e o seu número de habitantes pasou de 2,7 a 4,4 millóns. Pero a máis beneficiada destas guerras foi Serbia, que dobrou a superficie do seu territorio e aumentou a súa poboación de 2,9 a 4,5 millóns de habitantes.<ref>Grenville, John (2001): ''The major international treaties of the twentieth century'', páx. 50. London: Taylor & Francis ISBN 978-0-415-14125-3</ref> Grecia foi forzada a retirar as súas tropas de Tracia occidental e de Macedonia occidental. A retirada destes territorios devoltos a Bulgaria e a parte do [[Epiro]] do Norte, cedido a Albania foron moi mal aceptados en Grecia. Dos territorios ocupados durante a segunda guerra, Grecia non conservou máis que a rexión de Serres e de Kavala, co apoio de Alemaña. Serbia fixo adquisicións suplementarias en Macedonia e completou as súas aspiracións territoriais ao sur, polo que puido entón volverse cara ao norte, onde a rivalidade con [[Austria-Hungría]] a propósito de [[Bosnia (rexión)|Bosnia]] constituiría un dos elementos que desencadearon a [[Primeira Guerra Mundial]]. Italia explotou o pretexto da guerra parar conservar a illas do [[Dodecaneso]] que ocupara na [[Guerra ítalo-turca]] de 1911.