Diferenzas entre revisións de «Matsuo Basho»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Arranxando ligazóns a proxectos Wikimedia e aplicando enderezos URL de protocolo relativo)
m
Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa ''[[Renku|haikai no renga]]''; hoxe, é considerado un gran mestre do [[haiku]] (daquela chamado [[hokku]]). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no [[renku]]. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”<ref>Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in ''Journal of Renga & Renku'', Issue 2, 2012. p7</ref>
 
Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de [[Toquio|Edo]] (moderna Toquio), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.
 
== Traxectoria ==
19.692

edicións