Voz en off: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 13:
No cine, o director pon o son dunha voz humana (ou varias voces) sobre imaxes mostradas na pantalla que poden estar ou non relacionadas coas imaxes mostradas. Por conseguinte, as voces en off úsanse a veces para crear un contrapunto irónico. Tamén, de vez en cando poden ser voces aleatorias non directamente relacionadas coa xente que se ve na pantalla. En obras de ficción, a voz en off é usada normalmente por un personaxe para reflexionar sobre o seu pasado, ou por unha persoa externa á historia que normalmente ten un coñecemento máis completo dos acontecementos da película que os outros personaxes.
 
A voz en off é empregada normalmente para contar a historia mediante un [[narrador]] omnisciente/personaxe. Por exemplo, en ''[[The Usual Suspects]]'', o personaxe de Roger "Verbal" Kint emprega a veces a voz en off cando está contando detalles dos seus feitos. Voces en off neste sentido clásicas do mundo do cine poden ser oídas en ''[[Citizen Kane]]'' e ''[[The Naked City]]'', así como en ''[[Annie Hall]]'', ''[[Gattaca]]'', ''[[Fight Club]]'', ''[[Megamind]]'', ''[[Ratatouille (filme de animación)|Ratatouille]]'', ''[[Spirit: Stallion of the Cimarron]]'', ''[[Tangled]]'', ''[[The Magic School Bus]]'', ''[[The Emperor's New Groove]]'', ''[[Kronk's New Groove]]'', ''[[Blade Runner]]'', ''[[The Rugrats Movie]]'', ''[[The Shawshank Redemption]]'', ''[[Big Fish]]'', ''[[How to Train Your Dragon]]'', ''[[Moulin Rouge!]]'', ''[[The Postman Always Rings Twice (1946)|The Postman Always Rings Twice]]'', ''[[Young Winston]]'', ''[[Rugrats]]'', ''[[Raising Arizona]]'', ''[[Un dos nosos]]'', ''[[Clash of the Titans]]'', e ''Star Quest: The Odyssey''.
 
O xénero do [[cine negro]] está especialmente asociado coa técnica de voz en off.