Bartolomé de las Casas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
citation added
Liña 27:
|ch = dlcas
|}}
'''Bartolomé de las Casas''', nado en [[Sevilla]] o [[24 de agosto]] de [[1484]] e finado en [[Madrid]] o [[17 de xullo]] de [[1566]], foi un historiador, reformador social e frade [[Orde Dominica|dominico]] [[España|español]]. Foi o primeiro [[bispo]] de [[Chiapas]], e o primeiro en ser oficialmente nomeado "[[Protector dos Indios]]". Escribiu numerosas obras, as máis famosas foron ''[[Brevísima relación de la destrucción de las Indias]]'' e ''Historia de las Indias'', crónica das primeiras décadas da colonización española nas [[Antillas]] e centrado especialmente nas atrocidades cometidas polos colonizadores contra os pobos indíxenas. Las Casas está considerado un dos primeiros defensores dos [[dereitos humanos]].<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/515/ |title = Mirror of the Cruel and Horrible Spanish Tyranny Perpetrated in the Netherlands, by the Tyrant, the Duke of Alba, and Other Commanders of King Philip II |website = [[World Digital Library]] |date = 1620 |accessdate = 2013-08-27 }}</ref>
 
== Traxectoria ==
Foi un dos primeiros europeos en asentarse no [[Novo Mundo]] e como o resto dos colonos participou en atropelos e atrocidades contra a poboación nativa pero un cambio de rumbo levouno a se opoñer a estas prácticas, liberando os seus escravos indios e renunciando ás súas ''[[encomenda]]s'' e defender diante o rei [[Carlos I de España]] os dereitos da poboación nativa. Nos seus primeiros escritos, avoga polo uso de escravos africanos para substituíren os indíxenas, polo que algúns fano responsable do comezo do [[comercio de escravos transatlántico]], pero posteriormente chegou ao convencemento de que todas as formas de [[escravitude]] eran malas. En 1522 intentou establecer un colonialismo pacífico na costa de [[Venezuela]], mais foi un fracaso e las Casas entrou na [[Orde Dominicana]] como frade, deixando a escena pública durante unha década e dedicouse á evanxelización por medios pacíficos entre os [[maias]] da actual [[Guatemala]] e participou en debates e controversias con relixiosos mexicanos sobre o mellor xeito de achegar a fe cristiá aos nativos. Volveu e España para recrutar máis misioneiros, e alí continuou pedindo a abolición da ''encomenda'', logrando que se aprobasen as coñecidas como [[Novas Leis]] en 1542. Nomeado bispo de [[Chiapas]], serviu durante un curto período de tempo antes de ter que volver a España debido á resistencia dos ''encomendeiros'' ás Novas Leis e a conflitos cos colonos españois polas súas políticas proindias. Pasou o resto da súa vida na Corte española, logrando grande influencia nos asuntos relacionados coas Indias, logrando moitas melloras no status legal dos nativos, e que se debatese sobre a ética do [[colonialismo]]. En 1550 participou no [[debate de Valladolid]] no que [[Juan Ginés de Sepúlveda]] argumentou que os indios eran menos que humanos e requirían dos españois para se converter en civilizados, las Casas pola contra mantivo que eran totalmente humanos e que subxugalos era totalmente inxustificable.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Casas, Bartolome de las}}