Oppidum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q192601
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 8:
==A función dos oppida==
[[Ficheiro:Bibracte Porte Rebout.jpg|miniatura|250px|dereita|Bibracte, Porta Rebout]]
No continente e, particularmente, na [[Galia]], algúns oppida poden ser considerados como as primeiras formas de "aldeas" ou como centros "proto-urbanos" da [[Europa]] [[Bárbaro|bárbara]], dando lugar á denominación de ''civilización dos oppida'', para designar a realidade socio-económica que predominaba antes da [[guerra das Galias]]. As dificultades para coñecer a súa función son varias: en primeiro lugar non se coñecen as infraestruturas de todos os oppida existentes, só a daqueles que a arqueoloxía nos permite entrever. Por outra banda, a opinión dos arqueólogos tamén é diverxente en canto á importancia exacta que eses lugares puideron ter durante a civilización céltica e, particularmente, na civilización gala que precedeu á conquista romana.
 
Como o demostran os documentos acerca dos lugares de Manching acerca dos oppida que se achan sobre un monte de [[Luxemburgo]] (Tielberg), ou en Bibracte (no monte Beuvray de [[Francia]]) sábese que os oppida máis importantes, repartidos regularmente e en gran número, foron construídos, o máis tarde, a partir do [[século II]] antes da era cristiá.