República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 71:
O índice anual de crecemento económico deixou de caer e estabilizouse despois de [[1959]]. A Unión Soviética recomendou entón a Alemaña Oriental aplicar as reformas que o economista soviético [[Evsei Liberman]], que defendía o principio de obtención de beneficios e outros principios do mercado para as economías planificadas. En [[1963]], Ulbricht adaptou as teorías de Liberman e introduciu o ''Novo Sistema Económico'' (NES), unha reforma económica que introduciu un grao de descentralización nas decisións e criterios de mercado. O NES tentou crear un sistema económico eficiente e transformar á RDA nunha nación industrial líder.
[[Ficheiro:DDRStamps -of DeutscheGermany Mark(DDR) der1963, DeutschenMiNr Notenbank (DM)0968.jpg|miniatura|220px|Walter Ulbricht nun timbre postal da República Democrática Alemá.]]
Baixo o NES, a tarefa de establecer o futuro desenvolvemento económico foi asignada á planificación central. A descentralización implicou a transferencia parcial da toma de decisións da Comisión de Planificación Estatal e o Consello Económico Nacional ás Asociacións de Empresas do Pobo (''Vereinigungen Volkseigener Betriebe'', VVBs). As autoridades da planificación central lanzaban obxectivos de produción xerais, pero cada VVB determinaba o seu propio financiamento interno, utilización da tecnoloxía, e colocación da forza de traballo e os recursos. Como corpos intermediarios, as VVBs funcionaban ademais para sintetizar a información e as recomendacións dos VEBs. O NES estipulaba que as decisións produtivas debían facerse baixo as bases da obtención de beneficios, que os salarios reflectisen a produtividade, e que os prezos respondesen o abastecemento e a demanda.