Peteiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Liña 5:
O peteiro é o único xeito que teñen as aves para consumir [[alimento]]s. As aves non teñen [[dente]]s, así que engolen o seu alimento enteiro. A forma do pico dunha ave depende da súa [[dieta]]. Por exemplo, os [[papagaio]]s usan os seus peteiros agudos para cascar [[froita]]s e [[Noz (froito da nogueira)|noces]], os [[colibrí]]s teñen un peteiro en forma de tubo para extraer o [[néctar]] das [[flor]]es. Noutras aves os machos emprégano para atraer ás femias (como o [[tucano]] e [[cálao]]). O do [[pelicano]] é longo, agudo e recto, para penetrar con pouca [[Hidrodinámica|resistencia]] na [[auga]], e cun pregue de [[pel]] no maxilar inferior para apañar nel [[peixe]]s. As [[aguia]]s e outras [[aves rapaces]] posúen o peteiro afiado e en forma de gancho, co fin de desgarrar doadamente a carne dos animais dos que se alimentan.
 
Os peteiros non son exclusivos das aves, pois estes tamén se atopan nos [[monotrema]]s ([[ornitorrinco]] e [[equidna (zooloxía)|equidna]]), tivérono algúns [[terápsido]]s antigos (como o [[Lystrosaurus|listrosaurio]]) e posúeno algúns [[Mollusca|moluscos]] [[Cephalopoda|cefalópodos]] coma as [[Teuthida|luraslura]]s. Así mesmo, tamén se lle dá o nome de '''bico''', ao [[fociño]] alongado e afiado dalgúns [[cetáceos]], como, por exemplo, os [[golfiños]] e os [[zifios]].
 
== Galería de ''bicos'' ==
<gallery>
File:Platypus.jpg|<center>[[Ornitorrinco]] co seu característico ''bico de pato''</center>
File:Bec squid.jpg|<center>Bico dunha [[lura]]</center>
File:Common dolphin.jpg|<center>''[[Golfiño común]]'' co seu [[fociño]] en bico</center>
</gallery>
 
== Notas ==