Fervenza do Ézaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
coordenadas segundo Google Earth
Liña 1:
{{Coordenadas|42|54|46|N|09|06|59|W|display=title}}
[[Ficheiro:FervenzaXallas.png|right|thumb|300px|Fervenza do Xallas]]
 
[[File:Fervenza do xallas.jpg|thumb|Fervenza do río Xallas en Ézaro]]
[[Ficheiro:FervenzaXallas.png|rightdereita|thumbminiatura|300px|Fervenza do Xallas.]]
[[FileFicheiro:Fervenza do xallas.jpg|thumbdereita|miniatura|300px|Fervenza do río Xallas en Ézaro.]]
 
'''O Cadoiro''' ou '''fervenza do Ézaro''' é unha [[fervenza]] que forma o '''[[río Xallas]]''' na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en Santa Uxía do Ézaro, unha parroquia do concello de [[Dumbría]]. É a única fervenza en Europa que desemboca directamente no [[Océano Atlántico|océano]]. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días do ano.
 
== Características ==
No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura de xeito abraiante monte abaixo até se esmagar con virulencia contra as paredes pétreas do [[Canón (xeoloxía)|canón]] que a propia auga arou ao cabo de millóns de anos a través do [[Monte Pindo]] (de 630 m de altitude) despois de ducias de metros de caída libre no punto coñecido coma Cadoiro do Xallas ou do Pindo (unha poza de máis de 20 m de fondo), pronunciado na voz popular como ''Coaduiro'' desde os tempos de [[Frei Martín Sarmiento]], malia que en tempos máis recentes fose rebautizada coma Fervenza do Ézaro. Estudosos de todo o mundo percorrían milleiros de quilómetros na procura deste espectáculo único da natureza.
 
Textos de 1724 falan xa da fervenza, describíndoa coma unha enorme fumareira que podía ser ollada dende varios quilómetros mar adentro<ref>http://www.montepindo.org/2013/02/como-era-o-monte-pindo-en-1724.html?m=1</ref>.
 
== Paisaxe e ecoloxía ==
[[Ficheiro:Ezaro - 01 - Fervenza-Cascada-Waterfall.jpg| rightdereita|thumbminiatura|350px|Panorámica da fervenza.]]
 
A zona ten unha [[paisaxe]] impoñente de gran valor [[Ecoloxía|ecolóxico]]. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o [[Monte Pindo]], coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o [[carballo anano]] (''Quercus lusitanica''), unha herba hidrófila chamada ''[[Isoetes longissimum]]'' que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora ''[[Drosera anglica]]''. Polo xeral a vexetación é típica de matogueira con [[toxo]]s, [[Erica (xénero)|uces]] e [[queiroa]]s, e con [[Piñeiro bravo|piñeiros]] e [[Carballo común|carballos]] principalmente coma estrato arbóreo.
Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos coma [[lebre]]s, [[coello]]s, [[Xabaril|xabarís]], mais hai que destacar a presenza da [[lontra]] ou o [[lobo]], de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas coma [[Ave rapaz|rapaces]], [[parrulo]]s, [[garza]]s. Son tamén frecuentes aves coma os [[Moucho común|mouchos]] e as [[curuxa]]s. Dos [[anfibio]]s abondan unha gran variedade específica de [[ra]]s nomeadamente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo [[troita]]s e [[Escalo (peixe)|escalo]]s.
Liña 16 ⟶ 20:
 
== Aproveitamento da fervenza ==
[[Ficheiro:Rio Xallas-Ezaro 080.jpg| rightdereita|thumbminiatura|250px|Fervenza do Xallas.]]
 
O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos [[encoro]]s que nel se teñen construído. En [[1897]], a Sociedade Española de [[carburo metálico|Carburos Metálicos]], hoxe parte do grupo [[FerroAtlantica]], asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do [[século XX]]. En [[Ponte Olveira]] hai outra central. Máis abaixo, da presa de [[Brazal]] parten as canalizacións cara Ézaro; máis abaixo, atópase o [[encoro de Santa Uxía]], construído na década dos anos 80. Na súa desembocadura están situadas tres [[central hidroeléctrica|centrais hidroeléctricas]]: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.
 
Liña 25 ⟶ 30:
 
== Turismo ==
Desde o 12 de abril de 2012 a fervenza pode verse todos os días, sen necesidade de consultar un calendario de aperturas. Ademais das rutas de sendeirismo, o piragüismo, a pesca e outros deportes acuáticos son actividades fortes en Dumbría, son os deportes acuáticos.
 
Ademais das rutas de sendeirismo, o piragüismo, a pesca e outros deportes acuáticos son actividades fortes en Dumbría, son os deportes acuáticos.
 
== Enchentes de 2013 ==
Liña 36 ⟶ 39:
 
== Véxase tamén ==
* [[Río Xallas]]
* [[Monte Pindo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.montepindo.org/ Asociación Monte Pindo]