Museo Municipal Quiñones de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 57:
O museo inaugúrase o 22 de xullo de 1937, amosando a pequena colección xunto coas primeiras partillas de pintura e mobiliario que doou á cidade Policarpo Sanz. Fanse tamén as primeiras adquisicións e depósitos de arte galega. Todo isto é reflectido no primeiro catálogo do museo realizado en xuño de 1937.
 
No mes de outubro de 1938 toma posesión do seu cargo, como administrador do museo, [[Ángel Ilarri Gimeno]], que será a alma do mesmo até a súa xubilación en 1979. Ilarri, mellora paseniñamente as instalacións e engrandece as coleccións, especialmente as de arte galega, e, especialmente dende mediados dos anos 60, baixo a éxida do alcalde [[Rafael Portanet]] como grande impulsor de [[Parque de Castrelos|Castrelos]]. Nesta época ábrense cinco novas salas para artistas galegos, algunhas de carácter monográfico, como as de Laxeiro, Colmeiro e Souto. Nos anos 70 continúan as adquisicións do museo sempre certeiras deste xeito, por exemplo, en 1977 entra no museo un espléndido lote de obras do artista internacional, vigués de nacemento, [[José Frau]].
 
Tamén a colección de arqueoloxía experimenta un pulo notábel neste tempo, da man de persoas insignes como Pedro Díaz, ou José María Álvarez Blázquez, comisario local de escavacións arqueolóxicas e vogal do padroado do museo. Este pulo ten seu grande momento na inauguración da sala de arqueoloxía en 1959, co gallo da exposición das [[estela]]s galaicoromanas achadas seis anos antes na rúa Pontevedra, hoxe logotipo do museo.