Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-File: +Ficheiro:, -Image: +Ficheiro:, -Imaxe: +Ficheiro:)
Sen resumo de edición
Liña 24:
O Museo naceu a partir das doazóns das coleccións particulares dos membros fundadores do Laboratorio de Formas, creado en [[1963]] por [[Luís Seoane]] e [[Isaac Díaz Pardo]], co propósito de reuni-las obras dos diferentes artistas galegos da xeración dos anos trinta, no desexo de rescatar ese capital cultural de [[Galicia]], se ben ampliou posteriormente os seus obxectivos á creación plástica galega [[Arte contemporánea|contemporánea]].
 
Nas dúas primeiras plantas expóñense obras do propio [[Carlos Maside García|Maside]], xunto a outras de [[Castelao]], [[Maruja Mallo]], [[Francisco Lloréns]], [[Francisco Asorey]], [[Arturo Souto]], [[Frau|Xosé Frau]], [[Xesús Corredoira|Xesús R. Corredoira]], [[Xosé Eiroa]], [[Federico Ribas]], [[Amando Suárez Couto|Suárez Couto]], [[Bonome]], [[Xulia Minguillón]], [[Mario Granell]], [[Eugenio Granell]], [[Urbano Lugrís]] etc., artistas completados cos renovadores como [[Laxeiro]], [[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]] ou [[Luís Seoane]] e tamén obras de vangarda como as do [[grupo Atlántica]]. A última planta está dedicada ó [[humor gráfico|debuxo humorístico]].
 
A partir de [[1974]] foi rexido por un Patronato que, desde [[1985]], está provisto polos compoñentes da área de Arte e Comunicación do [[Seminario de Estudos Galegos]], ano este no que o museo pasou a denominarse ''Museo Galego de Arte Contemporánea''.