Yitzhak Rabin: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
máis categorías |
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América |
||
Liña 3:
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia [[sionismo|sionista]], seu pai, Nehemiah era un xudeu americano de orixe ucraína que viñera a [[Palestina]] para loitar na [[Lexión Xudía]] durante a [[Primeira Guerra Mundial]] coa misión de botar os turcos de Israel e súa nai, Rosa, xudía de orixe rusa foi unha das primeiras integrantes da organización paramilitar [[Haganah]]. Aínda que nado en Xerusalén, a familia residiu primeiro en Haifa e desde 1923 en Tel Aviv <ref> David Horovitz (1996)''Shalom, Friend: The Life and Legacy of Yitzhak Rabin'', Newmarket Press, páx. 26 </ref>. Yitzhak identificouse co sionismo e o socialismo dende a súa mocidade, estudou na escola agrícola Kaduri de [[Galilea]], onde se graduou con distinción, pouco despois en 1941 entrou na [[Palmach]], a forza de elite da [[Haganah]], dirixida por [[Igal Alon]]. A súa primeira acción foi cortar as liñas de teléfono no Líbano <ref>Libby Hughes (2005) ''Yitzhak Rabin: From Soldier to Peacemaker '', páx. 29 </ref>, entón en mans do goberno de Vichy. Ascendeu rapidamente e xa rematada a guerra, en outubro de 1945 dirixiu unha operación para liberar a refuxiados xudeus do campo de detención de Atlite. Durante a guerra de independencia mandou un rexemento, trala creación do Estado de Israel mantense na carreira militar, e chega a xefe de Estado Maior durante a [[guerra dos seis días]]. Deixou o exército en [[1968]], nomeado embaixador en [[Italia]] e nos [[Estados Unidos de América
== Notas ==
<references/>
|