Xogos Olímpicos de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 68 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8150
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 28:
Os '''[[Xogos Olímpicos]]''' de [[1936]] foron realizados en [[Berlín]], en [[Alemaña]], entre o 1 e o 16 de [[agosto]], coa participación de 4066 atletas, sendo 328 mulleres, representando 49 países, en 22 modalidades deportivas, tornándose até entón os máis grandiosos, ben realizados, ricos e politicamente explotados [[Xogos Olímpicos]] até entón.
 
Abertos con grande pompa no espectacular e moderno [[Estadio Olímpico de Berlín]] por [[Adolf Hitler]], o ''Führer'' do [[III Reich]] [[alemán]], os Xogos se propoñían, subliminarmente, demostrar na práctica as teorías de superioridade racial [[aria]] pregoada polo líder nazi e os seus seguidores, que non escatimaron tempo, adestramento e recursos para producir o mellor equipo olímpico nacional montado para disputar este evento. Infelizmente para o [[Führer]], un pequeno grupo de atletas, os negros [[Estados Unidos de América|norteamericanos]], demostraría a falacia das teorías hitlerianas, conquistando a maioría das medallas do [[atletismo], a modalidade máis importante dos Xogos, liderados por [[Jesse Owens]], un neto de ex-escravos, que gañou catro medallas de [[ouro]] nos 100m, 200m, relevo 4x100 e salto de lonxitude, en pleno estadio de Berlín cheo de arios loiros e estupefactos, no máis emblemático episodio da historia dos [[Xogos Olímpicos]].
 
[[España]] boicoteou estes Xogos coa súa non participación. Organizou como alternativa a [[Olimpíada Popular]] en [[Barcelona]]. Suspendeuse por comezar a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] o día antes da inaguración destes xogos. Algúns atletas, tanto españois como estranxeiros, permaneceron na cidade para loitar contra o levantamento militar.
Liña 44:
* Reza a lenda que, insatisfeito co éxito de [[Jesse Owens]] diante dos seus ollos, [[Hitler]] retirouse furioso do estadio após a vitoria de Owens no salto de lonxitude, cando el quebrou o récord mundial derrotando ó campión [[alemán]], ''Lutz Long''. O feito verdadeiro é que [[Hitler]] non se atopaba no estadio nese día.
[[Ficheiro:Jesse_Owens.jpg|dereita|miniatura|Jesse Owens nos Xogos de Berlín 1936]]
* ''Long'', [[alemán]], branco, [[loiro]] e de ollos azuis e ''Owens'', [[raza negra|negro]] [[Estados Unidos de América|norteamericano]] e descendente de escravos, tornáronse bos amigos e conversaban durante todas as probas diante das autoridades nazis; ''Long'' chegou a orientar e encoraxar ''Owens'', cando este case erra na tentativa de se clasificar nas eliminatorias do [[salto de lonxitude]]. O [[alemán]] morreu en combate loitando coas tropas da [[Wehrmacht]] en [[Sicilia]], en [[1943]], e polo seu espírito deportivo foi condecorado postumamente polo [[COI]] coa medalla [[Pierre de Coubertin]].
 
* Os xornais nazis de [[Alemaña]], controlados por [[Joseph Goebbels]], [[Ministro (goberno)|ministro]] de [[propaganda]] de [[Hitler]], omitiron completamente todas as novas referentes ás vitorias dos negros americanos en [[atletismo]].
Liña 50:
* [[Berlín]] asistiu á última presentación pública dun dos maiores heroes olímpicos, o grego [[Spiridon Louis]], campión do [[maratón (atletismo)|maratón]] nos I Xogos, en [[Atenas]], corenta anos antes. Xa vello, Louis entregou en cerimonia a [[Adolf Hitler]] un ramo de olivo collido nas montañas sagradas de [[Olimpia]], inxenuamente, en nome da paz entre os pobos.
 
* A pesares de que á fin dos Xogos lideraron o cadro de medallas con 33 de [[ouro]], un pouco por riba dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e ben abaixo das súas expectativas, os alemán tiveron que engulir algunhas derrotas nos deportes colectivos para os que se prepararan durante para vencer. A [[India]] tornouse tricampioa de [[hóquei sobre herba]], [[Italia]] gañou o torneo de [[fútbol]] e [[Hungría]] consagrouse como bicampioa de [[waterpolo]]. Ademais a [[Prensa escrita|prensa]] internacional escolleu como musa dos Xogos á xudía [[Países Baixos|holandesa]] [[Hendrika Mastenbroek]], de dezasete anos, campeioa olímpica de [[natación]] nos 100m, 400m e relevo 4x100. Anos despois, ''Rea'', o [[alcume]] polo que era coñecida, integraría a resistencia subterránea neerlandesa contra a ocupación [[nazi]] do seu [[país]].
 
* O goberno [[nazi]] non escatimou recursos para prodcir o máis impresionante [[documental]] realizado sobre os Xogos, (''[[Olympia]]'') , dirixido pola [[cineasta]] [[Leni Riefenstahl]], famosa no [[cinema alemán]] daqueles tempos e protexida do [[ditador]], e feito máis para valorizar as ideas nazis que a competición deportiva en si, que mostra nun branco e negro contrastado, ó gusto de [[Hitler]].
Liña 107:
|- align=center
| 2
|align=left| [[Ficheiro:US flag 48 stars.svg|20px]] [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]
||24||20||12||56