Lucas Labrada: Diferenzas entre revisións

ilustrado galego
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Lucas Labrada''' (1762 - 1842), ilustrado galego, autor dunha descrición económica da Gaiza. ==Biografía== '''Lucas José de los Dolores Labrada Romero''' nace...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2007 ás 20:30

Lucas Labrada (1762 - 1842), ilustrado galego, autor dunha descrición económica da Gaiza.

Biografía

Lucas José de los Dolores Labrada Romero naceu en Ferrol o 18 de outubro de 1762. En 1784 figura como empregado do Real Consulado da Coruña, obtendo en 1787 a praza de porteiro da mesma institución. En 1790 presenta un "Plan de gobierno de los porteros" e auxilia ao enxeñeiro de obras do Consulado. Catro anos logo ocupa a secretaría do organismo de xeito interino. Tentou acceder, máis tarde, á cátedra de Matemáticas da Universidades compostelana sen éxito. En 1802 accedeu ao posto, xa fixo, de secretario do Real Consulado.

Nos anos da ocupación napoleónica, Labrada aparece como un afrancesado, prestando servizos de intérprete do Estado maior francés. Porén en 1820 figura na Xunta de Censura dos liberais coruñeses, e pasa a ser favorecido con a praza de secretario da nova Deputación provincial de Ourense, posto que non lle duraría tras a reposición absolutista de 1823, aínda que puido retornar como secretario do Consulado herculino, institución á que aparece ligado ata a súa morte en agosto de 1842.

A súa obra máis importante foi a "Descripción económica del Reyno de Galicia". Ferrol. 1804, obra na que valéndose en ocasións de corresponsais, levanta acta do estado económico do país a fins do XVIII. O libro constitúe unha preciosa fonte historiográfica, utilizada constantemente. A Editorial Galaxia fixo unha reedición en 1971.