Vietnam do Sur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q180573
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 49:
|notas =
}}
A '''República de Vietnam''' (''Việt Nam Cộng Hòa'', en [[lingua vietnamita]]) ou '''Vietnam do Sur''' foi un estado localizado no sueste asiático que ocupaba o que hoxe en día é o sur de [[Vietnam]] entre [[1955]] e [[1975]], como resultado da división do país na [[Conferencia de Xenebra]]. Trala derrota dos franceses, produciuse unha chegada de asesores militares dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] para evitar que os comunistas de [[Vietnam do Norte]] se apropiaran do sur, actuando de acordo á ''[[doutrina Truman]]''. Estados Unidos deulle gran importancia á supervivencia do estado survietnamita debido a que se cría que unha vitoria sobre os comunistas podería propiciar a sucesiva caída na esfera soviética dos países da zona, seguindo o que se coñecía como ''a [[teoría do dominó]]''. Despois da retirada americana en [[1973]], [[Vietnam do Norte]] acabaría conquistando Vietnam do Sur o [[2 de xullo]] de [[1976]].
 
== Historia ==
[[Estado de Vietnam|Vietnam do Sur]] naceu o 2 de setembro de 1945. En 1954 Vietnam foi dividida en dous, unha [[república socialista]] denominada [[República Democrática de Vietnam]] (Vietnam do Norte) e outra [[capitalista]], República de Vietnam (Vietnam do Sur). Os franceses retiráranse de Vietnam pero durante as eleccións que se libraron no Vietnam do Sur, Estados Unidos puxo a soberanía de Vietnam do Sur baixo o réxime do candidato de presidente [[Ngo Dinh Diem]], un mestre da corrupción e un ditador, que fora principalmente represivo contra os monxes [[budista]]s, relixión tradicional en Vietnam, os cales comezaron a ser perseguidos polo sur baixo as directrices de Ngo Dinh Diem, que era [[catolicismo|católico]]. As protestas budistas foron encabezadas polo monxe vietnamita [[Thich Tri Quang]], quen se chegou a [[inmolación|inmolar]] publicamente en sinal de protesta contra o goberno. En 1960, opositores ao goberno de Ngo Dinh Diem crearon o [[Vietcong]], Fronte de Liberación Nacional, e comezou unha resistencia guerrilleira contra militares de Saigón e Estados Unidos para reunificar o país baixo un réxime [[comunismo|comunista]], contando co apoio declarado do [[Vietnam do Norte]]. Dado a corrupción que existía no Sur, en 1963 o presidente [[Ngo Dinh Diem]] foi asasinado nun golpe de estado dos militares, para mudar o sistema político cara o [[parlamentarismo]]. Seguiríao [[Nguyen Van Thieu]], mais non se consegue estabilizar o país.
Despois desátase abertamente a [[guerra]], con participación [[Estados Unidos de América|americana]], onde foron destruídas 10 millóns de hectáreas, e un 70% da poboación tivo que fuxir dos súas casas para non ser asasinados.
O goberno dos Estados Unidos de América pretendía impedir a expansión do comunismo na rexión e xa comezara en [[1961]] a realizar ataques contra a [[República Democrática de Vietnam]] (Vietnam do Norte), chegando a enviar un exército á península de 600.000 militares, en alianza con [[Australia]], [[Corea do Sur]], [[Filipinas]], [[Nova Celandia]], [[Taiwán]] e [[Tailandia]], no que ficou coñecido como a [[guerra de Vietnam]].
O Vietcong acaba tomando Saigón en 1975, vencendo ao goberno vietnamita do sur e ás forzas dos Estados Unidos na zona. A Fronte de Liberación Nacional estabelece un goberno provisional para o Vietnam do Sur (designado [[República do Vietnam do Sur]]), que durou cerca dun ano, até a reunificación do país o [[2 de xullo]] de [[1976]], que entón pasou a chamarse República Socialista do Vietnam.