Vanuatu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 54:
En [[1887]], as Novas Hébridas comezan a ser administradas por unha comisión naval [[Francia|franco]]-[[Reino Unido|británica]]. En [[1906]], establécese un [[Condominio Franco-Británico]].
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] utilizou as illas Efaté e Espírito Santo como bases militares, o cal inxectou divisas ao país e sobre todo novas formas de pensar, feito que abriu a Vanuatu o camiño á súa independencia. En [[1957]] estableceuse un Consello Asesor. Na década de [[1960]], os aborixes nin-Vanuatu reclamaban o autogoberno e a posterior independencia; en [[1974]] os nacionalistas gañaron a elección do Parlamento que abolía ao Consello Asesor e en [[1978]] creouse un gabinete encargado por un [[Ministro Xefe]].
 
En [[1979]] promulgouse a Constitución que estableceu parlamentos rexionais nas illas de Espírito Santo e Tanna. Ao ano seguinte, [[Jimmy Stevens]], líder da agrupación ''Na-Griamel'', organizou unha revolta en Espírito Santo e proclamou o Estado Independente de Vemarana. Logo Vanuatu obtivo a independencia plena o [[30 de xullo]] de [[1980]] con [[Walter Lini]] como [[Primeiro Ministro]]; a pedido deste, tropas de [[Papúa Nova Guinea]], [[Australia]] e [[Nova Celandia]] restauran a orde en Espírito Santo. En [[1981]] ingresa na [[ONU]] e en [[1983]] ao [[Movemento de Países non Aliñados]].