Trigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-fechaacceso +dataacceso)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 106:
* Os trigos ''Hexaploides'' evoluíron xa en leiras cultivadas. Tanto o trigo ''dicoccoides'' coma o ''durum'' hibridaron con outra herba diploide brava (''Aegilops tauschii'') para crear os trigos hexaploides (cromosomas 6x), ''[[Triticum spelta]]'' e ''[[Triticum aestivum]]''.
 
A heterose ou vigor híbrido ocorre nos trigos hexaploides, mais a semente é difícil de producir en variedades híbridas cultivadas nunha escala comercial coma se fai coas flores de millo, porque as flores do trigo son completas e adóitanse autopolinizar. A semente híbrida comercial do trigo produciuse utilizando axentes químicos hibridantes, reguladores do crecemento da planta que interveñen selectivamente co desenvolvemento do pole, ou ocorrendo naturalmente en sistemas masculinos [[citoplasma|citoplasmáticos]] de esterilidade. O trigo híbrido tivo un éxito comercial limitado en [[Europa]] (especialmente en [[Francia]]), nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e en [[Suráfrica]].
 
== Historia ==
Liña 127:
No [[século XIX]] aparece o muíño de vapor con rodetes ou cilindros de ferro que representou un cambio radical na moedura. O cultivo do trigo foi aumentando á vez que estes e moitos outros desenvolvementos tecnolóxicos que permitiron mellorar o rendemento da planta e chegar a diversas rexións do planeta como [[América do Norte]] ou [[Oceanía]].
 
O maior produtor mundial de trigo foi por moitos anos a [[Unión Soviética]], que superaba as 100 millóns de [[tonelada]]s de produción anuais. Hoxe [[China]] representa a maior produción deste [[cereal]] cunhas 96 millóns de toneladas (16%), seguida pola [[India]] (12%) e polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (9%). Séguenlle despois [[Rusia]], [[Francia]], [[Alemaña]] e o [[Paquistán]].<ref> http://faostat3.fao.org/home/index_es.html?locale=es#VISUALIZE_TOP_20</ref>
 
=== Clasificación ===
Liña 137:
 
== Cultivo do trigo ==
O trigo é o cereal máis importante do mundo tanto en termos de área cultivada (232 millóns de hectáreas), coma de gran producido (595 millóns de toneladas). Cultívase nun amplo abano de temperaturas (no norte de Europa até os 60º N) e nalgunhas rexións tropicais e subtropicais a maior altitude.<ref>http://www.fertilizer.org/ifa/HomePage/LIBRARY/Our-selection2/World-Fertilizer-Use-Manual/by-type-of-crops</ref>. [[China]] representa hoxe en día a maior produción deste [[cereal]] cunhas 96 millóns de toneladas (16%), seguida pola [[India]] (12%) e polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (9%). Séguenlle [[Rusia]], [[Francia]], [[Alemaña]] e o [[Paquistán]].
 
A información a seguir é principalmente para ''[[Triticum aestivum]]'', aínda que tamén é válida para ''[[Triticum durum]]''.
Liña 353:
Logo da caída do [[prezo]] mundial do trigo producida no ano [[2010]] e a súa rápida recuperación, o prezo tivo unha tendencia a se estabilizars nos anos posteriores abaleando entre os 140 e 150 [[Dólar estadounidense|dólares estadounidenses]] por tonelada.
 
En [[2011]] as exportacións de trigo ascendieron a 121,3 millóns de toneladas sendo os principais países exportadores [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (20%), [[Australia]] (12,1%), [[Francia]] (11,3%) e o [[Canadá]] (10,1%), seguidos por [[Rusia]] e [[Ucraína]].
 
Por outra banda, 32 países importaron no 2002 máis de 1 millón de toneladas representando un 80% do total. Os maiores importadores de trigo foron [[Italia]] (6,5%), [[Brasil]] (5,5%), [[España]] (5,3%), [[Alxeria]] (5%), [[Xapón]] (4,9%), a seguir por Exipto, Indonesia, Irán, Corea do Sur, Holanda, Bélxica, Marrocos, entre outros.
Liña 409:
A elaboración de produtos a base de cereais listos para o [[almorzo]] obtibo unha crecente importancia nos últimos anos. Un gran número deles elaborados a base do [[endosperma]] de trigo, millo, arroz ou [[avea]]. Ás veces o endosperma simplemente se creba ou esmaga e algunhas veces se torra para obtermos cereais coma fariña de avea ou para seren cociñados antes de os consumir.<ref>Potter, Norman (1995). Ciencia de los Alimentos, Editorial Acribia, Zaragoza. pp.436.</ref>
 
O desenvolvemento destes cereais xurde a finais do [[século XIX]] cando os doutores William Keith [[Kellogg]] e seu irmán John Harvey [[Kellogg]] da vila de Battle Creek ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]), seguidores das crenzas [[adventista]]s de vida sa consistentes en abstención de [[alcol]], [[tabaco]] e [[carne]], descobren o proceso de temperado no trigo e posteriormente inventan un método de procesamento dos cereais que inclúe cocedura, temperado, laminado e torrado do gran para obter [[floco]]s e láminas torrados, un alimento lxeiro que contrarrestaba os costumes de aquela época de alimentos cheos de [[graxa]]s. Inicialmente os cereales dos irmáns Kellogg só se producían para a dieta alimenticia dos pacientes do hospital ''Battle Creek Sanitarium'' e posteriormente comeza a venda aos consumidores en xeral en [[1906]], cando é fundada a compañía ''The Battle Creek Toasted Corn Flakes Company'' (hoxe ''The Kellogg's Company'').
 
=== Cervexa ===