The Sex Pistols: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 16:
Sex Pistols emerxeu como resposta ó [[rock progresivo]] dos anos [[1970|70]], considerado por unha parte da xuventude inglesa como comercial e excesivamente elaborado. A banda viuse implicada en numerosas controversias durante a súa carreira, feito que fomentou a súa popularidade pero eclipsou a súa música. De feito, os seus concertos e xiras remataban con violentos disturbios e seu sinxelo "[[God Save the Queen]]" de 1977 foi cualificado como un ataque á Coroa e ó nacionalismo británicos.
 
Rotten deixou o grupo en [[1978]] logo dunha desastrosa xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Os tres membros restantes continuaron brevemente con Edward Tudor-Pole e Ronnie Biggs como vocalistas pero separáronse en [[1979]]. O grupo volveu a xuntarse en [[1996]] (xa sen o finado Sid Vicious) para a "Filthy Lucre Tour" (en galego "xira da gañancia noxenta") e reuníronse novamente en [[2002]] e [[2003]]. O [[24 de febreiro]] de [[2006]] os Sex Pistols foron oficialmente incluídos no [[Salón da Fama do Rock]] pero rexeitaron a invitación á cerimonia e insultaron ó museo.
 
== Historia ==