The Magnetic Fields: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 12 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q32542
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 15:
}}
 
'''The Magnetic Fields''' é unha banda [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[indie pop]] fundada e liderada por Stephin Merritt. El é o principal compositor, produtor e vocalista do grupo, ademais de tocar varios instrumentos. The Magnetic Fields é esencialmente o vehículo artístico de Merritt, xunto con outros proxectos, como The 6ths, Future Bible Heroes e The Gothic Archies. Aínda que o particular estilo da banda é normalmente tan maleable como a forma de compoñer de Merritt, as súas cancións son normalmente catalogadas como [[synthpop]], [[indie pop]] e [[noise pop]].
 
A banda publicou o seu sinxelo de estrea (e tamén o máis coñecido), "[[100,000 Fireflies]]", en [[1991]], cun son típico dos seus primeiros tempos caracterizado polos sintetizadores de Merritt e as voces de Susan Anway (e posteriormente do propio Stephin Merritt dende o EP ''[[House of Tomorrow]]'' en diante). Unha banda máis tradicional materializouse máis tarde, actualmente formada por Merritt, Claudia Gonson, Sam Davol e John Woo, con voces ocasionais de Shirley Simms. O seu traballo máis coñecido é o álbum conceptual en tres volumes ''[[69 Love Songs]]''. Foi seguido nos seguntes anos pola triloxía "sen sintes" ''i'' (2004), ''Distortion'' (2008) e ''Realism'' (2010).