Diferenzas entre revisións de «Terceira vía»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Retiro 18 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q494792)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
A '''terceira vía''' é unha corrente da [[ideoloxía]] [[Socialdemócrata|social-demócrata]] en voga a partir da década de 1990. Tenta reconciliar a [[Dereita política|dereita]] e a [[Esquerda política|esquerda]], a través dunha política económica conservadora e de unha política social progresista. A primeira vista, semella ser unha corrente que presenta unha conciliación entre [[capitalismo]] de [[mercado libre|libre mercado]] e o [[socialismo democrático]]. Xa que os defensores da terceira vía a ven como algo alén do capitalismo de libre mercado e do socialismo democrático. Esta afirmación dá pé á concepción alternativa da terceira vía como "[[centro político|centrismo]] radical".
 
A terceira vía ten a súa orixe no goberno [[Partido Laborista Australiano|laborista]] que xurdiu en [[Australia]] a finais da década de 1980. Gañou popularidade durante o goberno de [[Bill Clinton]] nos [[Estados Unidos de América|EUA]], sendo tamén defendido pola súa muller, [[Hillary Clinton|Hillary]], durante a [[Eleccións presidenciais de 2008 (EUA)|campaña presidencial de 2008]]. [[Tony Blair]] e a súa facción dentro do [[Partido Laborista (Reino Unido)|Partido Laborista]], o ''Novo laborismo'', foron os defensores máis entusiastas da corrente mentres este foi primeiro ministro británico.
 
Este pensamento defende un "[[Estado]] necesario", no que a súa interferencia non sexa, nin máxima, como no [[socialismo]], nin mínima, como no [[liberalismo]]. Tamén defende, entre outros puntos, a [[responsabilidade fiscal]] dos gobernantes, a loita contra a [[pobreza]], unha [[presión tributaria]] proporcional aos [[ingresos]], co Estado como responsábel d [[seguridade]], [[saúde]], [[educación]] e [[seguridade social]].
103.129

edicións