Solidariedade (Polonia): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 48 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1003
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 19:
O [[13 de decembro]] de [[1981]], o Presidente do goberno, o Mariscal [[Wojciech Jaruzelski]] declarou a [[Lei Marcial en Polonia|lei marcial]] e encarcerou á maioría dos dirixentes de Solidariedade, que foi prohibido de novo o [[8 de outubro]] de [[1982]].
 
Levantada formalmente en [[xullo]] de [[1983]]. Solidariedade persistiu soamente como organización clandestina. A finais dos anos 80, Solidariedade era suficientemente forte para frustrar as tentativas reformistas de [[Wojciech Jaruzelski|Jaruzelski]]: as folgas a nivel nacional en [[1988]] forzaron ao Goberno a negociar con ''Solidariedade'', que deixou de presentarse como sindicato para facer públicas as súas pretensións como [[partido político]], especialmente de eleccións libres. Nun exceso de confianza, estimulado por [[Mikhail Gorbachev|Gorbachov]], que pretendía experimentar coas posibilidades, o goberno cedeu, perdendo as eleccións, en pequena parte debido á propaganda [[Estados Unidos de América|estadounidense]] prometendo o investimento de inmensas cantidades de fondos se se acababa co comunismo.
[[Ficheiro:Astilleros de Gdansk.jpg|miniatura|300px|Portas dos Estaleiros Gdansk-25º aniversario-agosto 2005]]
Así resultou que este movemento obreiro contra a burocracia e o socialismo e pola solidariedade, propugnado pola intelectualidade e os mineros, acabou co sistema comunista. [[Lech Wałęsa]] estivo un mandato no goberno. Aínda existe un [[sindicato]] que se continúa denominando ''Solidariedade'', que conta na actualidade con 1,5 millóns de afiliados.