Sidra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q167296
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 5:
A '''sidra''' é unha bebida alcohólica de baixa gradación (menos de 3º no caso da bretoa ''Cidre Doux'', unha sidra doce, ata un máximo de 8º) fabricada co [[zume]] levedado da [[mazá]].
 
Trátase dunha bebida moi espallada por todo o mundo, así en Europa tópase en numerosos países : [[Alemaña]], [[Bretaña]], [[Portugal]] ([[Madeira]]), España ([[Asturias]], [[Galicia]], [[Cantabria]] e [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]]), [[Italia]] ([[Piemonte]]), [[Irlanda]], [[Escocia]] e [[Inglaterra]]. En América, atópase en zonas de distintos países, probablemente debido á influencia da inmigración española do século pasado: por exemplo en [[México]] prodúcese nas cidades de [[Huejotzingo]] e [[Zacatlán]], no estado de [[Puebla]]. Na [[Arxentina]] a sidra localízase sobre todo nas provincias de Rio Negro, San Juan e Santa Fe. En [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] prodúcese principalmente en [[Nova Inglaterra]] e o estado de Nova York.
 
Pola súa singularidade hai que diferenciar a sidra natural da sidra espumosa. En xeral, mentres que en Galiza e no norte de España consúmese maioritariamente a sidra natural, no resto o mundo adóitase consumir a sidra espumosa (que asemella máis ao champagne ou á cervexa).