Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Cancións: {{The Beatles}}
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 15:
}}
 
'''''Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band''''' foi o oitavo álbum dos [[The Beatles|Beatles]]. Frecuentemente considerado o álbum de [[Música rock|rock]] máis importante do todos os tempos por críticos e publicacións, como a revista ''Rolling Stone''. Gravouse nun período de 129 días a contar desde o [[6 de decembro]] de [[1966]] e saíu ó mercado o [[1 de xuño]] de [[1967]] no [[Reino Unido]] e o día seguinte nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], obtendo un inmediato éxito popular.
 
Durante as sesións de gravación de ''Sgt. Pepper's'', o grupo mellorou a calidade da produción musical mentres exploraba técnicas experimentais de gravación. O enfoque innovador do produtor [[George Martin]] incluía o uso dunha orquestra. As cancións do álbum van dende o music hall, o rock and roll e o pop ata a música tradicional hindú. Amplamente aclamada e imitada, a portada do disco, deseñada polos artistas pop ingleses Peter Blake e Jann Haworth, inspirouse nun bosquexo de [[Paul McCartney]] onde a banda posaba diante dun ''collage'' con algúns dos seus famosos favoritos.