Abrir o menú principal

Cambios

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
A partir de aquí comezan as súas obras máis persoais, que se inician coa famosa triloxía western, tamén coñecida como [[Triloxía do dólar]], en coprodución con varios países europeos e rodada na rexión de [[Tabernas]] ([[Provincia de Almería|Almería]]). A triloxía obtivo un inesperado gran éxito, conducindo o [[Western (cinema)|western]] ó seu último período cinematográfico, o chamado [[western crepuscular]], xénero moi cultivado no cine dos 70, ademais de achegar dous novos talentos ó medio: o compositor [[Ennio Morricone|Morricone]], amigo do director desde a infancia, e o actor [[Clint Eastwood]], descoñecido ata entón, ó que o director contrata entre un grupo de actores. Como anécdota curiosa cabe destacar que ''[[Per qualche dollaro in più]]'' tivo certos problemas legais ó estar inspirada nunha película anterior de [[Akira Kurosawa]] titulada ''[[Yojimbo]]'' (1961).
 
Tras un período de tempo máis dilatado volve ó cine, case por obrigación, con ''[[Giù la testa]]'', que ten menos éxito que as súas películas precedentes, baseada na revolución mexicana. Esta película diríxea a última hora debido a problemas co director elixido. Por último, dirixe a considerada por moitos como a súa obra mestra, ''[[C'era una volta in America]]'', un "western moderno" baseada na época dos [[gángsters]]. Trátase dun western crepuscular rodado en [[Cinecittà]] ([[Roma]]) e nos mesmos escenarios estadounidenses nos que rodou a maior parte das súas películas o seu admirado [[John Ford]]. En [[Europa]] tivo gran éxito malia as catro horas de duración, pero nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] ofrécese unha versión recortada a case dúas horas, ademais de alterar a montaxe (a historia foi contada de forma lineal e non como na orixinal, onde se utilizan [[flashback]]s).
 
Sergio tivo sempre ó seu carón a un amigo da infancia que fixo máis grandes aínda as súas películas, [[Ennio Morricone]].
103.029

edicións