Segunda revolución industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q217200
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 6:
Ó finalizar a sétima década do século XIX, a primeira fase do capitalismo, a fase do libre comercio, comeza a mostrar signos de debilidade. En [[1873]], iníciase a segunda gran crise do capitalismo, á que se lle denominou "a Gran Depresión" e inda que houbo recuperacións en [[1880]] e [[1888]], estas foron pasaxeiras proseguindo a crise ata mediados da [[1890]].
 
Por outra parte, ó finalizar o [[século XIX]], a poboación da rexión industrializada de [[Europa]] experimentou un extraordinario crecemento e para a súa alimentación foi necesario recorrer á importación de cantidades cada vez maiores de alimentos e de materias primas de Europa Oriental, particularmente [[Rusia]], e dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Esta extraordinaria demanda de alimentos produciu unha rápida transformación dos métodos agrícolas e mais o desenvolvemento de [[Conxelación|técnicas para a conservación]] e transporte de alimentos.
 
As principais innovacións tecnolóxicas da segunda revolución industrial foron: A produción de [[aceiro]] a baixo custo, a incorporación da [[electricidade]] e o [[petróleo]] para permitir a utilización do [[motor eléctrico]] e de combustión exterior no sistema económico. A medicina conseguiu coñecer as causas das enfermidades infecciosas e, desta maneira, púxose de manifesto o modo de combatelas e máis inda de previlas. Finalmente, o desenvolvemento da química permitiu coñecer a función do solo na nutrición da planta e sentou as bases para o desenvolvemento dos fertilizantes artificiais.