Secuestro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 5:
Os secuestradores, xeralmente, e previo ao secuestro da súa vítima, seguen os seus movementos cotiáns durante días anteriores ao evento, coa finalidade de coñecer as súas rutas de tránsito e horarios habituais para así lograr con maior éxito a súa empresa delituosa. Cando se trata de bandas organizadas para cometer este tipo de delitos, organízanse en células, é dicir, hai suxeitos que se encargan de realizar as negociacións telefónicas cos familiares da vítima para esixir o pago do rescate, outros se encargan de prover de alimentos e vixiar á persoa secuestrada durante o tempo que dura en cativerio, así como que outros interveñen ao momento de someter á vítima ao momento de interceptala e trasladala ao lugar onde se manterá en cativerio, lugar que en ocasións é cambiado co fin de distraer a atención das [[autoridade]]s no caso de que se denuncie o feito.
 
Por regra xeral, a [[lexislación]] de todos os países teñen penas moi elevadas para este tipo de delitos, chegando nalgunhas ocasións á pena de morte. En [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foron executados varios secuestradores ao longo da súa historia. Tamén en multitude de ocasións os secuestros terminan co asasinato da vítima do mesmo e, en calquera caso, un secuestro sempre carrexa graves secuelas psicolóxicas ás vítimas dos mesmos.
 
Un dos trastornos psicolóxicos que poden derivarse dun secuestro é o chamado [[síndrome de Estocolmo]].