Ruptura sino-soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 27 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q506079
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 12:
Porén, as diferentes visións chinesa e soviética sobre a colaboración entre os dous Estados provocarían unha ruptura crecente: a [[URSS]] pretendía tratar [[República Popular da China|China]] como máis un dos seus satélites, ao modo dos países da [[Europa Oriental]]; e os dirixentes chineses pretendían un tratamento de igualdade coa propia URSS, á vez que consideraban que a axuda soviética era interesada. A subida ao poder de [[Nikita Khrushchev]] revelou discrepancias aínda máis profundas, que se agudizaron pola vontade de Khrushchev de lograr unha "convivencia pacífica" co [[capitalismo]] occidental, presuposto que [[Mao Tse Tung|Mao]] rexeitaba absolutamente.
 
En consecuencia, Mao comezou a considerar China como o novo referente principal do comunismo no mundo e, como tal, xustificada para relativizar as relacións cunha URSS que, do seu punto de vista, traizoaba a causa ideolóxica. Este enfrontamento ideolóxico tivo un dos seus fitos na cancelación, pola parte soviética, do programa de axuda à China para o seu proxecto nuclear. Ademais, Khrushchev, por temor a un enfrontamento cos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], non apoiaba as accións militares do [[Exército Popular de Liberación]] chinés a finais da década de 1950 nos arquipélagos de [[Matsu]] e [[Quemoi]], controlados polo rexime nacionalista de [[Taiwán]]. No ano [[1960]], a [[Unión Soviética]] ordenou a saída de todos os seus expertos estabelecidos na China e cancelaba todos os proxectos de cooperación técnica. En [[1962]], coas relacións aínda máis tensas, a URSS denegou axuda á China nunha breve guerra contra a [[India]] polo control dunha zona de fronteira. Como resultado, a República Popular chinesa atopábase aínda máis illada internacionalmente, ao non contar co apoio do occidente capitalista nin do bloque comunista. [[Albania]], o pequeno país europeo que tiña abandonado tamén o modelo soviético, convertíase, así, no seu único aliado.
 
== Disputas territoriais e enfrontamento armado ==
Liña 20:
== Mellora das relacións ==
 
Durante a década de 1970, a [[República Popular da China]] iniciou unha política de aproximación aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e ás potencias occidentais. Iso posibilitou ao goberno comunista chinés arrebatar a [[Taiwán]] o asento da China nas [[Nacións Unidas]] e lograr finalmente o recoñecemento diplomático da maioría dos países occidentais, que até entón recoñecían o rexime taiwanés de [[Chiang Kai Chek]] como o goberno lexítimo da China.
 
As relacións coa URSS, porén, non se destensarían até a década de 1980, cando o líder soviético [[Mikhail Gorbachov]] iniciou un proceso de apertura que o levou a visitar China en [[1989]], nun momento en que a China enfrontaba grandes dificultades internas (protestas da praza de Tian'anmen) e a Unión Soviética comezaba a mostrar os síntomas de descomposición que terminarían coa súa disolución en [[1991]] en quince repúblicas independentes. [[Rusia]], o maior dos Estados resultantes, mantivo desde entón unhas relacións moito máis cordiais coa República Popular chinesa, toda vez que Rusia abandonaba a ideoloxía comunista e, polo tanto, desaparecía a rivalidade ideolóxica e estratéxica polo liderado do comunismo.