Rudolf Carnap: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q76519
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 1:
'''Rudolf Carnap''', nado en [[Ronsdorf]] o [[18 de maio]] de [[1891]] e falecido en [[Santa Monica]], [[California]], o [[14 de setembro]] de [[1970]], foi un influente [[filósofo]] [[Alemaña|alemán]] que desenvolveu a súa actividade académica en Centroeuropa ata [[1935]] e, a partir desta data, nos [[USAEstados Unidos de América|Estados Unidos]]. Destacado defensor do [[positivismo lóxico]], foi un dos membros máis destacados do [[Círculo de Viena]].
 
== Vida e obra ==
Liña 14:
En febreiro de 1930, Tarski deu unha conferencia en Viena e en novembro de 1930 Carnap visitou Varsovia. Nestas ocasións aprendeu moito do enfoque da [[teoría de modelos]] de Tarski sobre [[semántica]]. En 1931, Carnap foi nomeado profesor na [[Universidade de Praga]] en idioma alemán. Alí escribiu o libro que ía facer del o máis famoso [[Positivismo lóxico|positivista lóxico]] e membro do Círculo de Viena, o seu ''Sintaxe lóxica da linguaxe'' (Carnap, 1934). Nesta obra, Carnap adiantou o seu principio de tolerancia, segundo o cal non existe algo que poida chamarse linguaxe ou lóxica «correctos» ou «verdadeiros». Un é libre de adoptar a forma de linguaxe que lle resulte útil aos seus propósitos. En 1933, [[Willard Quine]] coñeceu a Carnap en Praga e discutiron a obra deste último con certo detalle. Así comezou un respecto mutuo que duraría toda a vida entre estes dous homes, un que sobreviviu aos eventuais desacordos de Quine cunha serie das conclusións filosóficas de Carnap.
 
Carnap, que non ignoraba o que ocorrería en Europa co [[terceiro Reich]], e cuxas conviccións [[socialismo|socialistas]] e [[pacifismo|pacifistas]] o sinalaban abertamente, emigrou aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] en 1935 e converteuse en [[Naturalización|cidadán naturalizado]] en 1941. Mentres tanto en Viena, [[Moritz Schlick]] foi asasinado en 1936. Desde 1936 ata 1952, Carnap foi profesor de filosofía na [[Universidade de Chicago]]. Grazas en parte aos bos oficios de Quine, Carnap pasou os anos 1939-41 en Harvard, onde se reuniu con Tarski. Carnap (1963) máis tarde expresou certa irritación sobre a súa época de Chicago, onde el e [[Charles W. Morris]] eran os únicos membros do departamento comprometidos coa primacía da ciencia e da lóxica. (Os seus colegas de Chicago eran, entre outros, [[Richard McKeon]], [[Mortimer Adler]], [[Charles Hartshorne]] e [[Manley Thompson]].) Os anos de Carnap en Chicago foron malia todo altamente produtivos. Escribiu libros sobre [[semántica]] (Carnap 1942, 1943, 1956), [[lóxica modal]], chegando moi preto en Carnap (1956) á semántica de [[mundos posibles]] actualmente considerada estándar por esa lóxica que [[Saul Kripke]] propuxo a partir de 1959, e sobre os fundamentos filosóficos de [[probabilidade]] e [[Razoamento indutivo|indución]] (Carnap 1950, 1952).
 
Logo dun período no [[Instituto de Estudos Avanzados de Princeton]], uniuse ao departamento de filosofía da [[Universidade de California, Os Anxos|UCLA]] en 1954, habendo falecido [[Hans Reichenbach]] o ano anterior. Anteriormente declinara unha oferta dun posto similar na [[Universidade de California]], porque para asumir o cargo debía asinar un xuramento de lealdade propio do [[mccarthismo]], unha práctica á que se opoñía por principios. Mentres estaba na UCLA, escribiu sobre coñecemento científico, a [[distinción analítico-sintética]], e o [[principio de verificación]]. Os seus escritos sobre [[termodinámica]] e sobre as bases da [[probabilidade]] e [[Razoamento indutivo|a indución]], publicáronse postumamente en Carnap (1971, 1977, 1980).