Diferenzas entre revisións de «Roque Sáenz Peña»

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m (Bot: Retiro 20 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q383015)
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
Cando regresou a Arxentina, presidía o país o Xeneral [[Julio Argentino Roca|Roca]], e o seu Ministro de Relacións Exteriores, [[Bernardo de Irigoyen]] nomeono Subsecretario en [[1881]]. En [[1883]], xunto aos seus amigos Paul Groussac, [[Carlos Pellegrini]] e Exequiel Ramos Mejía concibiu o proxecto de fundar a revista '''Sud América''', na que as súas ideas foron amplamente publicitadas.
 
Renunciou ao cargo de Subsecretario, e trasladouse a Europa por dous anos. De regreso a Bos Aires, apoiou a candidatura presidencial de [[Miguel Juárez Celman]]. En [[1887]], con Juárez Celman xa na presidencia, foi designado ministro plenipotenciario no [[Uruguai]]. O ano seguinte foi representante do país na Conferencia de [[Montevideo]]. Entre [[1889]] e [[1890]], xunto a [[Manuel Quintana]] representou a Arxentina na Conferencia de Washington, onde defendeu o principio da inviolabilidade dos Estados e rexeitou o proxecto [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] de crear unha unión [[aduana|aduaneira]] continental. Volveu a Buenos Aires para facerse cargo da carteira de Relacións Exteriores do agonizante goberno de Juárez Celman, que caerá pouco despois.
 
No medio da grave crise política e económica que sacudía ao país, a figura de Roque Sáenz Pena perfílase como favorita para as eleccións presidenciais de [[1892]]. Contaba con forte apoio entre a mocidade, e na Provincia de Buenos Aires. Para destruír a súa candidatura, [[Bartolomé Mitre]], aliado de [[Julio Argentino Roca|Roca]], impulsou a candidatura do seu propio pai: [[Luís Sáenz Pena]] e, para non enfrontarse co seu pai, Roque prefiriu renunciar á súa candidatura. As eleccións deron como triunfador a Luís Sáenz Pena, que designou a Roque xefe do Rexemento de Gardas Nacionais. En xuño de [[1892]] incorporouse á Cámara de Senadores da Provincia de Buenos Aires, pero ao pouco tempo renunciou a ambos cargos para retirarse da vida pública. Por un tempo vivirá en [[Entre Ríos (Arxentina)|Entre Ríos]], e regresou a Bos Aires en [[1895]].
En [[1905]], en recoñecemento á súa actuación durante a guerra do Pacífico, foi invitado oficialmente polo Perú para inaugurar o monumento a [[Francisco Bolognesi Cervantes|Bolognesi]]. Alí recibiu a medalla de ouro que se lle outorgaba por lei do Congreso, e a divisa de Xeneral de Brigada do exército peruano. En [[1906]] o goberno de [[José Figueroa Alcorta]] designouno representante extraordinario para asistir aos actos da voda de [[Afonso XIII de España]]. De regreso á Arxentina, en [[1907]] foi nomeado para encabezar as misións diplomáticas en [[Suíza]] e [[Italia]]. Chegado a [[Roma]], recibiu instrucións do seu goberno para representar ao país na segunda Conferencia de Paz de [[A Haia - Den Haag|A Haia]] xunto a Luís María Drago; alí sosterán unha posición favorable á creación dun tribunal internacional de arbitraxe.
 
En [[1909]] formou parte do tribunal arbitral que solucionaba conflitos diplomáticos entre [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e [[Venezuela]]. A súa misión diplomática ante os gobernos italiano e suízo prolongouse ata [[1910]]. Estaba en Italia cando foi proclamado candidato a Presidente da República.
 
===Presidente de Arxentina===
103.099

edicións