Robin Finck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 25:
Uníuse a [[Nine Inch Nails]] en [[1994]] como parte da súa banda de directo nas xiras ''Self-Destruct'' e ''Further Down the Spiral'', despois da saída do anterior guitarrista, [[Richard Patrick]]. Finck apareceu co banda no ''Woodstock '94'', e a súa primeira edición co grupo foi o video ''[[Closure]]'', lanzado en [[1997]]. Cando as xiras remataron traballou para a compañía circense Cirque du Soleil. No ano [[1997]] asinou un contrato por dous anos con [[Guns N' Roses]] como substituto de [[Slash]] e comezou a traballar no se álbum ''[[Chinese Democracy]]''. Cando remataron os dous anos o álbum aínda non estaba completo, a pesar de que o tema "Oh My God" xa fora editado na banda sonora da película ''End of Days''.
 
Finck regresou a [[Nine Inch Nails]] cando a banda comezou as súas xiras ''Fragility v1.0'' e ''Fragility v2.0'' para promocionar o álbum ''[[The Fragile]]''. Esas xiras foron gravadas e editadas no álbum/DVD ''[[And All That Could Have Been]]'', que foi a segunda edición de Finck co grupo. Pouco despois de que a xira rematase no ano [[2000]] volveu a [[Guns N' Roses]], tocando en catro concertos con eles a finais do [[2001]], aos que lle seguiron unha breve xira por [[Europa]] e [[Asia]] a msiados do ano seguinte e unha aparición nos MTV Video Music Awards. Estaba planeada unha xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] durante o resto do [[2002]], pero o promotor cancelouna despois de que houbese disturbios entre os seareiros despois de dous concertos suspendidos.
 
Nese tempo Finck e o seu entón compañeiro [[Buckethead]] contribuíron na banda sonora da película de [[John Carpenter]] ''Ghosts of Mars'', tocando xunto a membros da banda de [[thrash metal]] [[Anthrax]] e ao guitarrista [[Steve Vai]]. Despois de que as súas obrigas con [[Guns N' Roses]] rematasen uníuse á produción ''LedZAriel''.
Liña 35:
Rn novembro do [[2008]] o agardado álbum de [[Guns N' Roses]] ''[[Chinese Democracy]]'' foi editado. Finck foi acreditado como co-compositor da canción "Better", que posteriormente editaríase como sinxelo. Tamén tocou a guitarra en todos os temas, realizando 7 dos solos, e tamén apareceu nos créditos como teclista, facendo arranxos e na pre-produción. Robin preferíu quedarse en NIN despois da edición do álbum.
 
Despois da saída dos membros da banda en directo de [[Nine Inch Nails]] [[Alessandro Cortini]] e [[Josh Freese]] a finais do [[2008]], Finck e o baixista [[Justin Meldal-Johnsen]] uníronse a [[Trent Reznor]] e ao batería [[Ilan Rubin]] e realizaron unha xira de 8 datas por [[Australia]] e [[Nova Zelandia]] entre febreiro e marzo do [[2009]]. Finck continuou actuando coa banda na xira do [[2009]] ao lado de [[Jane's Addiction]] por norteamérica e na posterior xira ''Wave Goodbye'' por [[Europa]] e [[Asia]]. O grupo regresou aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] para realizar unha serie de concertos que serían as últimas actuacións ao vivo de [[Nine Inch Nails]].
 
En outubro de [[2009]] Finck e os antigos compañeors de [[Guns N' Roses]] [[Axl Rose]], [[Tommy Stinson]] e [[Buckethead]] víronse involucrados nunha demanda presentada polos selos do músico electrónico Ulrich Schnauss Independiente e Domino Records, alegando que infrinxiran o copyright ao usar partes das súas composicións no tema "Riad 'n the Bedouins".