Robert Louis Stevenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 12:
 
=== Fanny Vandegrift ===
Stevenson coincidiu coa [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] Fanny Vandegrift Osbourne en [[Francia]] en [[1876]], na colonia de artistas de [[Grez]]. Ela era muller casada, pero o seu matrimonio con Samuel Osbourne non funcionaba ben. En [[1875]] ela decidira deixalo, pero como o [[divorcio]] levaba aparellados problemas de índole social e moral naquel tempo, optou por marchar a [[Europa]] cos seus tres fillos, a aprender [[pintura]]. Primeiro en [[Antuerpe]], onde non a admitiron por ser muller, e finalmente en [[París]]. Uns meses máis tarde, e de [[tuberculose]] mórrelle o máis pequeno dos seus tres fillos, Hervey Osbourne, e soterrárono no cemiterio de [[Père Lachaise]]. Para os seus últimos días acudiu o pai dende Estados Unidos, e quedou aínda un tempo na capital francesa, pero logo marchou de volta a [[California]]. En xullo de 1876 coñécense<ref>"''É un galopín histérico, un escocés enxoito e longueirán con cara de rafaeliano, que acabou coa súa saúde a base de cultura e lecer e a quen a tuberculose non tardará en levar deste mundo. É o herdeiro dunha inmensa fortuna, pero non ha vivir abondo para gozar dela. O pai e a nai son curmáns, e están ao bordo da loucura. E o fillo outro tanto. Pero cáeme ben. É o tipo máis enxeñoso que coñecín na vida pero gustaríame que non se botase a chorar tan a miúdo, cando unha menos agarda. Cando o fai resulta embarazoso, e nunca sei qué facer: doulle un pano ou miro para outro lado? Como teño todos os panos manchados de carbonciño, fago o segundo''". Carta de Fanny Osbourne a Timothy Rearden, datada o 25 de xullo de 1876. Citada en Margaret MacKay, ''The Violent Friend'' (Nova York, 1968)</ref>, e nun primeiro momento Stevenson amosa interese na filla de Fanny, chamada Belle. A rapaza non demostrou resposta ningunha, pero aínda así Stevenson pasou os invernos de 1876 a 1878 entre [[Londres]] e a casa familiar de [[Edimburgo]], pero o resto do ano ou vivía en [[París]] na casa de Fanny ou na residencia de artistas de Grez. En 1878 Stevenson propúxolle de divorciarse de Osbourne e casar con el, pero ela rexeitouno. E o [[15 de agosto]] de [[1878]] Fanny, presionada polo seu home, regresa a [[San Francisco]].
 
Stevenson dille que quere ir detrás dela, pero conta coa forte oposición dos pais, que á fin de contas son os que lle proporcionan o sustento económico. Queda en [[Londres]], e despois fai a súa famosa viaxe en burro pola rexión das [[Cévennes]], en [[Francia]]. Logo dun tempo recibe un [[telegrama]] de Fanny dicíndolle que as cousas volven ir mal. El interpréato como un vente e ás caladas, métese nun barco no porto de [[Glasgow]], o ''[[Devonia]]'', cruza todos os Estados Unidos dende [[Nova York]] ata [[San Francisco]] en tren, onde chega o [[30 de agosto]] de [[1879]]. Fanny está vivindo en [[Monterey]], e el decide agardar por alí. Vive practicamente un ano na cidade de San Francisco, agardando a que Fanny tramite ou non o divorcio. Sofre dos pulmóns, ten febre e vai esgotando un diñeiro que non se repón porque os pais non lle queren mandar máis: desaproban fortemente que o seu fillo marchase sen avisalos para pretender a unha muller casada. En xaneiro de [[1880]], cinco meses despois, Fanny consegue finalmente o divorcio, pero a saúde de Stevenson empeora radicalmente. O divorcio e a saúde vencen tamén o corazón dos pais, que lles piden que marchen os dous para Escocia. O [[19 de maio]] de [[1880]] casan, pero como a saúde segue sendo horrible, deciden instalarse na montaña, nunha mina de prata abandonada que non tiña ningún tipo de servizo de habitabilidade. Pero a natureza, a calor e a sequidade fixeron que se recuperase e a finais de xullo marchan para Escocia a bordo do ''City of Chester''.