Robert L. Carneiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 1:
'''Robert Leonard Carneiro''', nado en [[Nova York]] o [[4 de xuño]] de [[1927]], é un [[antropoloxía|antropólogo]] [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] e actual director do [[Museo Americano de Historia Natural]].
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Portugal|portugueses]] emigrados aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], licenciouse en [[antropoloxía]] en [[1949]] na [[Universidade de Michigan]] e doutorouse na mesma especialidade e na mesma universidade en [[1957]]. Foi profesor da [[Universidade de Wisconsin]] entre [[1956]] e [[1957]] e posteriormente traballou vinculado ao [[Museo Americano de Historia Natural]], en paralelo a diversos cargos como profesor visitante na [[Universidade de California]], a [[Universidade de Victoria]] e na [[Universidade de Columbia]].
 
Un dos máis importantes [[Evolucionismo|evolucionistas sociais]]<ref>Sanderson, S. K. 2007. Evolutionism and its Critics: Deconstructing and Reconstructing an Evolutionary Interpretation of Human Society. Boulder, CO: Paradigm. P.161-171</ref>, é coñecido maiormente pola súa teoría sobre a formación do [[estado]], a [[teoría da circunscrición de Carneiro]], que sostén que son as limitacións do [[medio ambiente|contorno]], as presións [[demografía|demográficas]] e os [[guerra|conflitos bélicos]] os que acaban por conformar os estados soberanos<ref>[http://www.anthonyflood.com/carneirooriginstate.htm Carneiro, R. L. 1970. A Theory of the Origin of the State]. ''[[Science]]'' 169: 733–738</ref>. Ten feito tamén sobranceiras contribucións á teoría xeral da [[evolución cultural]], como as que relacionan os resultados dos conflitos bélicos e a súa reincidencia cos ecosistemas en que tales enfrontamentos se producen.