Abrir o menú principal

Cambios

m
Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
}}
 
'''Roadrunner Records''' é un [[selo discográfico]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] fundado no ano [[1980]] e centrado principalmente en bandas de [[heavy metal]]. Trádase dunha etiqueta subsidiaria do [[Warner Music Group]] e ten a súa base na cidade de [[Nova York]].
 
== Historia ==
O selo creouno en [[1980]] Cees Wessels nos [[Países Baixos]]. O negocio inicial de Roadrunner era a importación a [[Europa]] de gravacións de bandas norteamericanas de [[heavy metal]]. No ano [[1986]] abriu a súas sede nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], en [[Nova York]], e posteriormente abriría oficinas no [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Xapón]], [[Australia]], [[Dinamarca]] e [[Canadá]]. Entre os seus primeiros éxitos están álbums de [[King Diamond]] (o primeiro artista de Roadrunner en entrar na lista ''[[Billboard 200]]'' de álbums) e [[Annihilator]]. O selo tamén traballou coas primeiras edicións de [[Metallica]] na rexión de [[Escandinavia]]. Ao fnal da década dos 80 lanzaron dous discos que agora son considerados clásicos nos seus respectivos xéneros: ''[[Slowly We Rot]]'' de [[Obituary]] e ''[[Beneath the Remains]]'' de [[Sepultura (grupo musical)|Sepultura]].
 
Nos 90 asinaron con artistas como [[Life of Agony]], [[Machine Head]], [[Suffocation]], [[Type O Negative]] e o grupo [[grunge]] [[Willard]]. A medida que avanaba a década, varias das bandas que traballaban con Roadrunner conseguiron entrar no ''mainstream'', destacando principalmente Sepultura e Type O Negative. O disco de [[1993]] ''[[Chaos A.D.]]'', convertería a Sepultura na primeira banda de Roadrunner en acadar o ''top 40'' da lista de álbums da ''[[Billboard]]''. Type O Negative sería o primeiro grupo do selo en recibir unha certificaión da [[RIAA]]; este sería un disco de ouro (que posteriormente convertiríase en platino) polo seu álbum de 1993 ''[[Bloody Kisses]]''. A banda tamén sería a primeira de Roadrunner en aparecer na radio. No ano [[2000]], [[Slipknot]] conseguiría un disco de platino, sendo o primeiro para o selo. [[Nickelback]] tamén foi un grupo de éxito da etiqueta (aínda que tiña un contrato con outro selo no seu país, [[Canadá]]). Derek Shulman dirixiu Roadrunner Records a finais dos anos 90.
103.029

edicións