Rhode Island: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 34:
|website = [http://www.ri.gov www.ri.gov]
}}
O '''Estado de Rhode Island e as Plantacións de Providence''' é un [[Estados dos Estados Unidos de América|estado]] na rexión de [[Nova Inglaterra]] do nordés dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. É o estado máis pequeno en [[superficie]] (428 veces menor que [[Alasca]], que é o maior). Tamén é o estado co nome oficial máis longo. Rhode Island foi a primeira das [[Trece Colonias]] orixinais en declarar a [[independencia]] do dominio británico, marcando o inicio da [[Revolución Americana]]. Rhode Island foi o último Estado das Trece Colonias en ratificar a [[Constitución dos Estados Unidos de América|Constitución dos Estados Unidos]].
 
Aínda que a maioría do Estado forma parte do Continente, o nome Rhode Island fai que algunhas persoas crean que o estado enteiro é unha illa; confundíndoa en ocasións con [[Long Island]], Nova York, que se acha a só unhas 100 millas ao sudoeste de Rhode Island a través do [[Océano Atlántico]]. Rhode Island é alcumada tradicionalmente ''Little Rhody'', pero o Estado adoptou oficialmente o alcume de ''The Ocean State'' (O Estado Oceánico).