República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 102 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q16957
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 42:
=== Orixe ===
[[Ficheiro:SED Logo.svg|150px|miniatura|esquerda|Logo do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED]].]]
Na [[Conferencia de Yalta]], celebrada en [[febreiro]] de [[1945]], os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], o [[Reino Unido]] e a [[Unión Soviética]] acordaron a división de [[Alemaña]] en zonas de ocupación. Calculando o territorio que os exércitos converxentes dos aliados occidentais e a URSS podían tomar, a Conferencia de Yalta determinou as liñas de demarcación para as respectivas zonas de ocupación. Trala rendición de [[Alemaña nazi|Alemaña]], o [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Consello de Control Aliado]], representando a Estados Unidos, Reino Unido, [[Francia]] e a Unión Soviética, asumiu a autoridade gobernamental da Alemaña de post-guerra. Con todo, a desmilitarización económica (especialmente o traslado de equipamento industrial) era responsabilidade de cada zona individualmente.
 
A [[Conferencia de Potsdam]], celebrada uns meses despois, entre [[xullo]] e [[agosto]] de [[1945]], recoñeceu as zonas e confirmou a xurisdición da Administración Militar Soviética en Alemaña (en [[alemán]]: ''Sowjetische Militäradministration in Deutschland, SMAD'') dende os [[río Oder|ríos Oder]] e [[río Neisee|Neisse]] até a liña de demarcación. A zona de ocupación soviética incluíu os antigos estados de [[Brandeburgo]], [[Mecklemburgo-Antepomerania]], [[Saxonia]], [[Saxonia-Anhalt]] e [[Turinxia]]. A cidade de [[Berlín]] foi colocada baixo o control do catro poderes.
[[Ficheiro:Stamps of Germany (DDR) 1975, MiNr 2106.jpg|miniatura|220px|Wilhelm Pieck, primeiro presidente da RDA.]]
As crecentes diferenzas económicas combinábanse co desenvolvemento de tensións políticas entre [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] (que culminaría no desenvolvemento da [[Guerra Fría]]) e manifestáronse no rexeitamento do SMAD en [[1947]] de participar no [[Plan Marshall]] norteamericano. En [[marzo]] de [[1948]], Estados Unidos, [[Reino Unido]] e [[Francia]] reuníronse en [[Londres]] e acordaron unir as zonas occidentais para establecer unha [[Alemaña Occidental|República alemá occidental]]. A Unión Soviética respondeu abandonando o Consello de Control Aliado e preparándose para crear un Estado alemán oriental. A división de Alemaña fíxose clara coa reforma monetaria introducida o [[20 de xuño]] de [[1948]], que se limitaba ás zonas occidentais. Tres días despois era introducida unha reforma diferenciada na zona soviética. A introdución do [[marco alemán]] nos sectores occidentais de Berlín contra o desexo do comandante supremo soviético, levou á Unión Soviética a impor o Bloqueo de Berlín nunha tentativa de gañar o control do conxunto de Berlín. Os aliados occidentais decidiron aprovisionar a cidade cunha ponte aérea, que duraría once meses, ata que a Unión Soviética abandonou o bloqueo o [[12 de maio]] de [[1949]].
 
Un decreto do SMAD de [[10 de xuño]] aprobaba o permiso para a formación de [[partido político|partidos políticos]] [[Democracia|democráticos]] e [[fascismo|antifascistas]] na zona soviética; as eleccións aos parlamentos rexionais dos estados estaban convocadas para [[outubro]] de [[1946]]. Unha coalición democrática-antifascista, que incluía ao [[Partido Comunista de Alemaña|Partido Comunista (''KPD'')]], ao [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|Partido Socialdemócrata (''SPD'')]], á recentemente creada [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña|Unión Demócrata Cristiá (''CDU'')]], e ao [[Partido Liberal Democrático de Alemaña|Partido Liberal Democrático (''LDPD'')]] foi formada en [[xullo]] de [[1945]]. O KPD (con 600.000 militantes na zona oriental) e o SPD (con 680.000), unificáronse en [[abril]] de [[1946]] dando nacemento ao [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (en [[alemán]]: ''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED''). Nas eleccións rexionais de outubro de 1946, o SED obtivo aproximadamente o 50% dos votos nos estados da zona soviética. En Berlín, que se atopaba dividida, o SPD opúxose á unificación e presentouse en solitario, obtendo o 48,7% dos votos, mentres a SED foi derrotado co 19,8%, quedando por baixo do SPD e a CDU. Cinco semanas despois da proclamación da occidental [[República Federal de Alemaña]], o [[7 de outubro]] de [[1949]], a Comisión Económica Alemana (DWK) formou un goberno provisional e proclamou o establecemento da República Democrática Alemá. O [[comunismo|comunista]] [[Wilhelm Pieck]] foi elixido o seu primeiro Presidente.
Liña 91:
Honecker combinou a lealdade cara á [[Unión Soviética]] coa flexibilidade cara á distensión. No 8º Congreso do Partido, en [[xuño]] de [[1971]], presentou o programa político para a nova etapa. Na súa reformulación da política exterior da RDA, Honecker renunciou ao obxectivo dunha Alemaña unificada e adoptou a posición ideolóxica ''defensiva'' do ''Abgrenzung'' (demarcación ou separación). Baixo este programa, o país definíase como un "[[Estado socialista]]" diferenciado e salientaba a súa alianza coa [[Unión Soviética]]. O ''Abgrenzung'', defendendo a soberanía da RDA, contribuíu en cambio ao éxito das negociacións da détente que levaron ao Acordo de Berlín en 1971 e ao Tratado Básico con Alemaña Occidental en [[decembro]] de [[1972]].
 
O Acordo de Berlín e o Tratado Básico normalizaron as relacións entre a RDA e a RFA. O Acordo de Berlín (efectivo en xuño de 1972), asinado por [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Reino Unido]], [[Francia]] e a [[Unión Soviética]], protexía o comercio e as viaxes entre Berlín Oeste e o resto da RFA e animaba a aumentar as comunicacións entre Berlín Leste e Berlín Oeste. A URSS estipulou, no entanto, que Berlín Occidental non sería incorporada oficialmente a Alemaña Occidental. O Tratado Básico (efectivo en xuño de 1973) recoñecía politicamente os dous Estados alemáns, e os dous países prometeron respectar a soberanía do outro. Baixo os termos do tratado, serían intercambiadas misións diplomáticas, establecidas relacións comerciais, turísticas, culturais e de comunicacións. En [[setembro]] de [[1973]], ambos os países uníronse ás [[Nacións Unidas]], e debido a iso a RDA recibiu un recoñecemento internacional sen precedentes.
 
Desde mediados dos [[1970|anos 70]], a RDA estabilizábase nas relacións Leste-Oeste. A emenda de 1974 á Constitución eliminou todas as referencias á ''Nación alemá'' e á ''unidade alemá'' e definiu a Alemaña Oriental como ''unha Estado-nación socialista de obreiros e campesiños'' e ''unha parte constituínte inseparable da comunidade de países socialistas''. Como parte da distensión xeral entre Leste e Oeste, a RDA participou na [[Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa|Conferencia sobre Seguridade e Cooperación]] en Europa en xullo de 1975, asinando o Acta Final de [[Helsinqui]], que pretendía garantir o recoñecemento dos [[dereitos humanos]].